Base ou meta de muíño circular romano (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Muíño circular
Unha economía de base agrícola
O contacto con outras culturas permite, entre outras cuestións, a adquisición de novas tecnoloxías. Co contacto con Roma, introduciranse unha serie de avances desde o punto de vista técnico que permitirán mellorar o aproveitamento dos recursos, así como o desenvolvemento da vida cotiá.
Un exemplo sería a difusión do muíño circular de man, cuxos primeiros exemplares se detectan nos castros e que servirán de prototipo para as rodas dos muíños hidráulicos tradicionais.
Elaborados en granito local, os muíños circulares compoñíanse dunha base cunha parte superior cónica, denominada meta, sobre a que se colocaba unha peza superior ou moa, chamada catillus e de forma bitroncocónica. Facíase funcionar facendo rotar a moa sobre a base, de forma manual, a través dunha peza de madeira colocada nun engarce tallado no bordo da peza superior. O cereal era introducido polo orificio da moa, que era triturado e expulsado por entre ambas as pezas.
O tipo de castro ao que pertence Elviña sitúase sobre un val, no que se explotaron os solos pesados que requirirían do arado, fertilizante intensivo e probablemente rotación de cultivos ou barbecho.
Entre os cereais destacaban variedades de trigo moi resistentes ás condicións de frío e humidade, así como o millo, propio de tempos secos e de crecemento estival.
Parte superior ou catillus de muíño circular romano (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Meta e catillus reutilizados no muro dunha construción do castro de Elviña (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible