Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Edificio cultual con altar e betilos

Edificio cultual con altar e betilos

Edificio cultual

Edificio cultual con altar e betilos

Paralelo á muralla, mirando ao norte, apareceu un edificio singular, cunhas características formais que exclúen que se trate dunha vivenda ou da típica casa de reunións. O parecido dalgúns dos seus compoñentes con construcións de tipo ritual, é o que suxire unha función semellante para o noso edificio.

Esta edificación presenta 3 estancias aliñadas de norte a sur:

• (1) A estancia do fondo, que queda ao norte, repousaba sobre o peñasco que aflora, quedando a un nivel máis elevado que o resto. Neste afloramento distínguense algúns muros, un buraco de poste que serviría para sustenes un teito, así como as marcas de repicado na roca para a súa aplanamiento e, por tanto, para o seu acondicionamento como piso.

• (2) A baixada ao nivel inferior da seguinte estancia faise mediante estruturas en escaleira, comunicándose logo coa seguinte estancia mediante un van.

• (3) Por aquí accédese á seguinte e última estancia deste edificio singular, que sería en realidade a primeira dependencia desde a porta principal.

Adornos e instrumentos de bronce

Adornos e instrumentos de bronce

Esta primeira estancia ten unha planta irregular (en forma de pera) e está dividida por unha parede interior. No lado da porta é onde aparecen unha serie de elementos singulares que apuntan a unha funcionalidade tamén excepcional: 5 pedras labradas fincadas no chan, aliñadas entre si. De todas elas, 4 son cipos con forma de alicerce traballado nas catro caras e un remate plano, mentres que a quinta é un bloque moi irregular coa superficie superior horizontal máis ancha. Apareceron todas in situ excepto un dos cipos, que estaba tirado no lado contrario ao que conserva o oco no que estaría fincado.

Os cipos son interpretados como "betilos", como se coñecen as pedras sacras das relixións semíticas antigas (fenicio-púnica ou hebrea), mentres que o bloque interprétase como un altar. O conxunto de cipos acompañados de altar, en efecto, lembra moitos santuarios ao longo do mundo mediterráneo, típicos lugares neutrais favorables aos contactos pacíficos e comerciais entre diferentes pobos. Aquí preto, nas Rias Baixas, localizouse un deses santuarios nas escavacións do Museo do Mar de Vigo: un conxunto de 4 cipos (tamén uno fóra de sitio) apareceu acompañado de numerosos restos de cerámica de orixe púnico, sinalando a localización dun santuario pero tamén dun "emporio", é dicir, un centro de comercio elixido polos cartagineses para os seus intercambios comerciais cos pobos castrexos dos arredores.

Tamén en Elviña apareceron dentro desta construción numerosos restos de cerámicas foráneas, entre outros obxectos extraordinarios, o que sinala en conxunto a súa excepcionalidade. Como obxectos extraordinarios destacan as numerosas pezas de bronce alí atopadas (fíbulas, aneis, placas decoradas, agullas); dúas machadas de pedra puída, máis propias doutros momentos da prehistoria pero seguramente cargados de sentido simbólico e relixioso no mundo castrexo; ademais dos sinalados restos de vasijas importadas.

Fragmentos de ánfora e kálathos, e machada puída

Fragmentos de ánfora e kálathos, e machada puída

Entre estas son de destacar os varios fragmentos de cerámica campaniense tipo A (vaixela de mesa de cerámica de verniz negro de orixe itálica), os fragmentos de ánforas (para transportar viño, salsas e salgaduras), de askós (especie de botijo para conter aceite) e de kálathos (recipiente cilíndrico para conservar alimentos). Estes materiais, que formaban parte dun lote habitual no comercio cartaginés coas nosas costas, serían fabricados no século I a.C., procedendo seguramente da zona gaditana, de cando os romanos eran os amos daquela parte de Hispania pero aínda non conquistaran aos Galaicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán un aforo máximo de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981189850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión