Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fusaiolas (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Fusos

Fusaiolas

Testemuños do tecido

Dos restos materiais que conforman o rexistro arqueolóxico e que se conservaron ata os nosos días, os restos orgánicos son a excepción. A acidez dos chans, así como a exposición aos axentes naturais, provocan a súa deterioración e desaparición de maneira case xeralizada, agás en contextos con características moi concretas que permiten a súa conservación, como poden son os estratos húmidos con ausencia de osíxeno ou con abundante presenza de elementos calcáreos.

Con todo, o rexistro arqueolóxico tamén permite inferir o uso de obxectos feitos con material orgánico. Este é o caso das fusaiolas e de pesos de tear (tamén coñecidos como pondus), testemuño material da produción de tecidos. As fusaiolas formaban parte das varas cilíndricas, presentando un dos extremos "fuselado", é dicir, adaptado á forma do fuso. As fusaiolas adoitaban ser fabricados en madeira, máis tamén se documentaron pezas en óso ou mesmo en bronce.

A fusaiola unha vez introducida no extremo do fuso, facilitaba as tarefas de enrolado e desenrolado do fío, mantendo o equilibro no xiro e aumentando a tensión e a uniformidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión