Concello da Coruña

Concello da Coruña

Agricultura, gandería e estratexias de subsistencia

Comida e cervexa no castro

A agricultura era unha actividade esencial para a Idade do Ferro. Segundo Estrabón, os traballos agrícolas eran realizados de forma maioritaria por mulleres, sendo de fundamental importancia a recolección de landras, e todo isto complementado coa recollida de froitos silvestres (e, por suposto, coa gandería). Os cultivos máis relevantes eran os cereais (trigo, cebada, cebada, millo miúdo e avea), as leguminosas (fabas e chícharos) e a familia das brassicae (grelos, verzas e coliflores). Coa cebada facían zythos, un produto moi semellante á cervexa. As terras de cultivo estaban situadas nas partes singulares do poboado nos castros a media ladeira, ou as inmediatamente inferiores nos situados no cume do monte.

A gandería estaba baseada nunha cabana mixta de ovellas, cabras, porcos, vacas e cabalos. O gando vacún empregábase como animal de tracción e para a produción de leite, carne e coiro. As ovellas proporcionaban la, leite e carne e o gando cabrío e os porcos abastecían de carne e pel. Tamén debemos mencionar aos cabalos e aos cans, que non eran consumidos habitualmente, pero que formaban parte da vida cotiá e eran empregados para tarefas diversas.

Outras actividades, como a caza, a pesca e o marisqueo, tamén eran relevantes. No primeiro caso, non é estraño documentar evidencias de cervos e súidos salvaxes en concheiros recuperados nos castros. Ademais, nos castros da costa, recuperáronse restos de robaliza, dourada, muxes, pargo, maragota, pescada e xurelo. Na súa maioría son peixes de roca, pero é probable que tamén fosen capturas de baixura. Nalgúns casos, como acontece na Lanzada (Sanxenxo), recuperáronse, mesmo, restos consumidos de grandes cetáceos, probablemente cazados xa moribundos na beira do mar. Respecto ao marisqueo, sábese da recollida de centola, percebe, ostra, ameixa, mexillón, berberecho, lapa, navalla, bígaro ou ourizo.

Todas estas tarefas non se realizaban de maneira especializada nin a cambio dun salario, senón que se trataban de actividades realizadas polo núcleo familiar e coa función de garantir a súa propia subsistencia.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión