Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Crenzas e ritos

Crenzas e ritos

Os deuses castrexos e os ritos máxicos

A relixión castrexa era politeísta (é dicir, crían en varios deuses) e cun panteón amplísimo, sobre o que existía unha rica mitoloxía prerromana. Algunhas divindades eran comúns a todo o territorio, mentres que outras tiñan un culto local e todas elas perdurarían coexistindo coa relixión romana e mesmo coa introdución do cristianismo.

Entre un extenso conxunto de deuses destacamos en primeiro lugar a Lug, entidade suprema capaz de asumir todas as funcións divinas. Pero esta característica non impedía que outros deuses asumisen as súas respectivas especialidades. Na tradición indoeuropea o deus guerreiro tiña un dominio absoluto sobre as técnicas do feitizo e manexaba lazos de natureza máxica que inmobilizaban na batalla os seus adversarios.

Dentro do panteón feminino destaca a deusa Navia, cuxo nome pervive no actual río.

A relixión galaico lusitana asocia frecuentemente os montes con lugares de culto: "Nos confíns deste pobo hai un monte sacro ao que se considera nefasto violar co ferro; pero se un raio fende a terra, o que nestes lugares é cousa frecuente, permíteselles recoller o ouro descuberto, como un don do deus". Tamén teñen carácter sacro pedras, árbores ou mananciais.

Moitos rituais de épocas antigas continúan ata a época contemporánea e así, no lugar de Castro de Elviña, realizábase ata hai pouco un rito para afastar o raio e os malos espíritos das casas e das cortes, preservando así o gando de desgrazas e bendicindo os campos para protexer o terreo agrícola e as colleitas. Este rito celebrábase o Domingo de Ramos mollando un ramo de loureiro no río da fonte de Elviña, á beira da igrexa parroquial. Este rito está relacionado coas ancestrais crenzas nas virtudes milagrosas das árbores, entre as que destacaba o loureiro.

Respecto das súas concepcións sobre a morte e a vida de ultratumba, pouco ou nada se pode dicir, xa que non se atoparon tumbas en ningún castro prerromano.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión