Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Economía

Economía

A organización dunha sociedade

A través das intervencións arqueolóxicas, complementadas con diversos tipos de análises, sabemos que durante a Idade de Ferro o medio ambiente era similar ao actual: con alto grao de humidade e temperaturas tépedas, e cunha vexetación e fauna máis abundantes que na actualidade.

As actividades económicas principais eran a agricultura e a gandería, e tamén existía o comercio con outras zonas. Destacou a explotación dos xacementos auríferos e, como consecuencia, o desenvolvemento da metalurxia, presente nos obxectos de ourivaría e en crisois, moldes e fornos de fundición atopados nos castros. Traballaron o ouro, o bronce e un pouco o ferro. En xeral, os talleres aparecen localizados fóra do recinto murado e, ás veces, en construcións pegadas ou próximas ás murallas. Isto podería ser para evitar posibles incendios e afastar os gases e malos cheiros das zonas habitadas.

No castro de Elviña documentáronse os restos dunha serie de construcións fóra das murallas, onde aparecían restos de combustión, crisois e un pequeno fragmento de molde ben identificado, dedicado á fabricación de caldeiros de bronce, polo que os investigadores presupoñen que estamos ante un taller metalúrxico.

Tamén en Elviña atopouse unha espiral de ouro e unha pedra de toque que nos indica que neste castro se traballou a ourivaría.

Tal como se aprecia a primeira ollada na vida económica dos castros, o traballo coa pedra tivo un papel relevante. Houbo unha petrificación total dos poboados xa na cultura castrexa, con importantes murallas que nun principio adoitaban ser de pedras amontoadas sen ningún tipo de traballo e casas de pedra miúda con moito barro, e que co transcorrer do tempo evolucionan a bloques traballados e perfectamente ensamblados. O traballo da pedra non só estaba relacionado coa construción senón que tamén aparecen escultores que producen estatuas e decoracións arquitectónicas. Coa chegada dos romanos estes canteiros evolucionaron nas súas técnicas, chegando a esculpir guerreiros, figuras sedentes e ornamentos arquitectónicos de gran calidade durante a época Xulio-Claudia.

En Elviña destaca a escultura pétrea coñecida como o ídolo fálico, que apareceu no templo do mesmo nome.

Intimamente relacionadas coa actividade cotiá destacan dúas actividades económicas: o traballo da cerámica e a actividade téxtil. A aparición de abundantes fragmentos de cerámica neste castro indícanos a súa importancia. A maioría das cerámicas castrexas foron cocidas a baixa temperatura en fornos de pira e, polo tanto, nos castros apenas se documentan restos de fornos de cerámica. Neles aparecen fornos portátiles, feitos que denotan unha produción de carácter doméstico, da que empezan a aparecer producións importantes no século I d.C.

A actividade téxtil, de produción familiar ou doméstica, deixa abundantes restos arqueolóxicos tanto líticos como cerámicos: no castro de Elviña aparecen fusaiolas (pezas que se colocaban no interior do fuso) e pesas de tear (pondera).


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión