Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Porto romano

Cepos de áncoras antigas (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña).

O porto romano

A oficina aduaneira e o tráfico portuario

O porto romano de Brigantium considérase un dos escasos portos de escala do litoral atlántico. Aínda que a navegación antiga realizaríase mediante cabotaxe, ou o que é o mesmo, sen perder a vista da costa, estes postos servirían como lugares fixos de atracada para a navegación de altura, orientados ao abastecemento de víveres e auga, reparación e mantemento de naves, transporte de persoas, maiormente efectivos do exército, carga e descarga de produtos comerciais e sobre todo control fiscal.

Este tipo de porto debería contar coas dotacións necesarias como peiraos, faros, almacéns e persoal necesario relacionado coas tarefas de mantemento e servizo, así como do control de aduanas. De feito, téñense atopado probas epigráficas destes exactores, é dicir, dos funcionarios do estado dedicados a estas tarefas de recadación. Un deles foi un escravo chamado Reginus, quen lles fixo dedicacións honoríficas aos emperadores Marco Aurelio e Lucio Vero, os que nos permite coñecer a data na que viviu, que se situaría entre os anos 161 e 169 d.C.

Por contra, apenas se conservan restos de estruturas que puidesen pertencer aos antigos peiraos romanos de Gallaecia. Aínda que existen autores que relacionan o porto de Bares en Mañón coa época romana existe constancia de que habería outros en Vigo e en Pontecesures. Hai que ter en conta que as propias rías galegas, coas súas enseadas, permiten a atracada segura sen a necesidade de construción de estruturas que protexan as embarcacións. De feito, nos últimos anos, lévanse documentando numerosas factorías de salgadura de peixe dispersas polas rías galegas, cuxa exportación se realizaría principalmente mediante tráfico marítimo.

Os autores sitúan o porto do antigo Brigantium na zona da actual Dársena. Na crónica dos cruzados británicos que foron loitar a Lisboa, descríbese o peirao romano aínda existente como unha ponte con moitos arcos. Algúns autores sinalaron que non se trataría dunha ponte, senón dun sistema construtivo de peiraos con forma de diques de arcada, con pilas de pedra, que se sustentarían en vigas de madeira.

Porto romano

Mapa de Europa e do Mediterráneo, copia do século XIX do Atlas Catalán de 1375 (Cresques Abraham)

Porto romano

Porto de Bares en Mañón, A Coruña

  • Puerto

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión