Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Castro de Elviña

Tesouro

Tesouro de Elviña (Museo Arqueolóxico e Histórico do Museo do castelo de San Antón da Coruña)

O tesouro

Pertencía a unha sacerdotisa ou a un xefe?

No verán de 1953, escavando nos fondos dunha vivenda, José María Luengo Martínez atopou un singular tesouro que permaneceu enterrado durante dous milenios.

As xoias foron escondidas polo seu dono, probablemente nun suceso de inseguridade ocorrido arredor do cambio de era. O certo é que nin o dono nin as xentes do castro foron quen de recuperar o que se convertería nunha das pezas máis sinaladas da ourivaría prerromana do noroeste.

Descoñécese o seu taller de orixe e está composto por unha diadema-cinto, un colar, unha posible gargantilla de ouro e unha conta de pasta vítrea. Formaría parte dun ou varios enxovais empregados en determinadas cerimonias, por parte dalgunha figura relevante dentro da comunidade, da que os especialistas non se poñen de acordo á hora de definir o seu sexo e función. Fálase dunha posible sacerdotisa que rendese culto ao sol ou dun home cunha posición política e social destacada.

As pezas presentan motivos decorativos xeométricos, trísceles, filigranas e mesmo varios patos soldados no caso da diadema, que ilustran o dominio dunha técnica depurada por parte dos anónimos ourives que as deseñaron e crearon.

Tesouro

Pato decorando a diadema-cinto do tesouro de Elviña (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Tesouro

Extremo do colgante do colar do tesouro de Elviña (Museo Arqueolóxico e Histórico do Museo do castelo de San Antón da Coruña)

Galería de imaxes

  • O tesouro

Horario de verano

(1 de julio - 30  de septiembre)

Sábados y domingos a las 12:00 h

Del 1 al 31 de julio también los Jueves a las 21:00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

  • Concello da Coruña
  • Deputación da Coruña
  • Museo arqueolóxico e histórico Castelo de Santo Antón
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?