Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Muíño circular

Base ou meta de muíño circular romano (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Muíño circular

Muíño circular

Unha economía de base agrícola

O contacto con outras culturas permite, entre outras cuestións, a adquisición de novas tecnoloxías. Co contacto con Roma, introduciranse unha serie de avances desde o punto de vista técnico que permitirán mellorar o aproveitamento dos recursos, así como o desenvolvemento da vida cotiá.

Un exemplo sería a difusión do muíño circular de man, cuxos primeiros exemplares se detectan nos castros e que servirán de prototipo para as rodas dos muíños hidráulicos tradicionais.

Elaborados en granito local, os muíños circulares compoñíanse dunha base cunha parte superior cónica, denominada meta, sobre a que se colocaba unha peza superior ou moa, chamada catillus e de forma bitroncocónica. Facíase funcionar facendo rotar a moa sobre a base, de forma manual, a través dunha peza de madeira colocada nun engarce tallado no bordo da peza superior. O cereal era introducido polo orificio da moa, que era triturado e expulsado por entre ambas as pezas.

O tipo de castro ao que pertence Elviña sitúase sobre un val, no que se explotaron os solos pesados que requirirían do arado, fertilizante intensivo e probablemente rotación de cultivos ou barbecho.

Entre os cereais destacaban variedades de trigo moi resistentes ás condicións de frío e humidade, así como o millo, propio de tempos secos e de crecemento estival.

Muíño circular

Parte superior ou catillus de muíño circular romano (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Muíño circular

Meta e catillus reutilizados no muro dunha construción do castro de Elviña (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión