Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Afonso IX

Miniatura representando a Afonso IX. Tombo A da catedral de Santiago, procedente do arquivo da Wikipedia.

Afonso IX

A fundación dunha cidade

Afonso IX Rei de León (1171-1230) ordenou a fundación e repoboación en 1208 da pequena vila de Torre de Faro, á que lle outorgou unha Carta de Poboación concedéndolle foros e privilexios reais, seguindo o modelo do Foro de Benavente.

A antiga Crunia reducíase por entón a unha parte do que na actualidade é a Cidade Vella e un pequeno arrabalde xunto ao porto. O Rei estende o municipio ata dúas leguas arredor da poboación (cuns once quilómetros de radio), e para iso terá que negociar compensacións dos dereitos que ostentaban sobre Crunia o bispado de Santiago, o poderoso mosteiro de Sobrado e os cabaleiros templarios.

No foro, a cidade depende directamente do Rei e vétase a presenza do clero e da nobreza no seu territorio: «Mando que non admitan por veciños na vila a militares nin a monxes, excepto os monxes de Sobrado, quen terá poder para alugar as casas que tivesen na vila». Alfonso IX ameaza tamén con fortes multas a quen ataque a cidade: «E todo aquel que desde agora cause mal ou prexuízo ao concello, xa sexa militar ou civil, sufrirá a miña cólera, será prendido e pagará unha multa de mil maravedís».

Afonso IX establecería tamén a Casa da Moeda da Coruña e, no tempo do seu reinado, a cidade protexeríase coa muralla.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión