Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Nicolás Jean de Dieu Solt

Retrato de Nicolas Jean de Dieu Solt pintado por Louis Henri de Rudder, procedente do arquivo de Wikipedia.

Nicolás Jean de Dieu Solt

O estratego francés

O militar e político francés Nicolás Jean de Dieu Soult foi un dos protagonistas da batalla de Elviña. Nela enfrontouse ás tropas inglesas do xeneral Moore, que morreu antes de que o exército inglés puidese marchar da Coruña.

Fillo dun notario, Soult naceu en 1769 en Saint Amans-la-Bastide, e fixo rapidamente carreira no exército. Con só 35 anos chegou a mariscal.

Participou nas grandes batallas napoleónicas: Marengo, Austerlitz, Jena, e contra os rusos en Eylau. Foi considerado como un valente do Grande Exército francés, así como un bo estratego no campo de batalla. Napoleón premiouno outorgándolle o ducado de Dalmacia.

En España recibiu o mando do segundo corpo do exército, coa encomenda de invadir Portugal, derrotar o exército inglés e tomar Lisboa.

O avance sobre as tropas de Moore levouno ata A Coruña, onde o 16 de xaneiro de 1809 se enfrontou ás tropas inglesas no chan de Elviña. Solt reclama para a Historia a vitoria das súas tropas a pesar de que outras fontes atribúena aos ingleses, que conseguiron reter a Soult mentres embarcaban de volta a Inglaterra e evitaban a súa total destrución. Moore foi ferido no peito e morrería na Coruña, e Soult presentaría os seus respectos ante a súa tumba.

Nicolás Jean de Dieu Solt

Retrato de Nicolas Jean de Dieu Solt, procedente do arquivo de Wikipedia.

Tras tomar A Coruña e Ferrol, Soult marchouse cara a Porto e Lisboa, e estivo loitando en España ata que os franceses abandonaron a península en 1813.

De volta a Francia, xa coa revolución de 1830, foi nomeado Ministro de Guerra e, máis tarde, Mariscal Xeneral de Francia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión