Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Soldados romanos

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Soldados romanos

Forza e disciplina

As lexións romanas contribuíron a facer de Roma o imperio máis poderoso do mundo coñecido. A fórmula foi facer un exército especializado, ben equipado e adestrado que o converteu nunha eficaz máquina de guerra.

Co nome de lexionario era coñecido o soldado de a pé ou infantería. As lexións aparecían compostas por unidades menores, chamadas centurias, que estaban formadas por uns oitenta soldados. Unha lexión completábase con sesenta centurias e unhas trinta lexións formaban un exército. Na etapa de conquista do noroeste actuaron a Legio VI Victrix e a Legio X Gemina, que levarán a cabo o control militar das actuais Asturias e Galicia, despois da organización territorial levada a cabo por Augusto. Estas dúas lexións serán substituídas pola Legio VII Gemina, construíndo o seu campamento en León.

Ademais de coñecementos para a batalla, o soldado tiña formación en distintos oficios como albanel, carpinteiro ou ferreiro, co fin de conseguir autosuficiencia á hora de realizar calquera actividade complementaria ao proceso de conquista e ocupación.

Dentro destas tarefas estarían as relacionadas coa enxeñería romana, como a construción de campamentos, pontes, vías e outras estruturas.

De non ser necesario, non era obrigado alistarse no exército. De feito, cara ao século I a.C. o exército romano era xa profesional. Tamén aqueles homes que non tiñan a cidadanía romana podían alistarse dentro das tropas auxiliares, loitando coas súas propias armas.

En canto ás primeiras expedicións ao noroeste, a primeira coñecida é a dirixida por Décimo Xuño Bruto que, no ano 137 a.C., sobe pola costa desde o Texo ao Douro. De sobra é coñecida a historia de que, chegando ao río Lethes (Limia) ou río do esquecemento, cruzouno para chamar despois polo seu nome a cada un dos seus soldados.

No ano 74 a.C. o xeneral Perpena ataca os galaicos, Fabio Máximo no 47-46 a.C. e Xulio César realiza unha expedición no 61 a.C. entrando por Brigantium (A Coruña), na procura do botín para poder pagar aos seus acredores en Roma.

Os veteranos romanos recibían co tempo unha pensión e terras dentro da zona conquistada na que se retiraban, co que se potenciaba o proceso de romanización dos pobos absorbidos por Roma. Existen en Galicia unhas vinte inscricións de carácter funerario e votivo, que recollen os nomes dos veteranos e oficiais da Legio VII Gemina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión