Eran celtas os habitantes de Elviña?
A cuestión do celtismo xorde durante os movementos románticos do século XIX, no que os pobos da fachada atlántica reclamaban unha identidade propia fronte ao centralismo dos diferentes estados: Irlanda e Escocia versus Gran Bretaña, Galicia versus Castela, Bretaña ante o centralismo francés... buscábase así unha diferenciación étnica e cultural.
O celtismo baséase principalmente nunha cuestión lingüística e, aínda que os habitantes dos castros falaban unha lingua indoeuropea e probablemente celta, esta lingua estaba relacionada coas que se falaban na Europa Atlántica e tamén co fala doutras partes da península Ibérica.
O tema do celtismo é unha cuestión de debate e así, mentres moitos estudosos defenden o celtismo do mundo castrexo, outros non asumen que a cultura castrexa sexa celta, aínda que nos castros falásese unha lingua da mesma familia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible