Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Fusaiolas

Fusaiolas (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Fusaiolas

Fusaiolas

Ver o que xa non existe

Dos restos materiais que conforman o rexistro arqueolóxico e que se conservaron ata os nosos días, os restos orgánicos son a excepción. A acidez dos solos, así como a exposición aos axentes naturais, provocan a súa deterioración e desaparición de forma case xeneralizada, excepto en contextos con características moi concretas que permiten a súa conservación, como son os estratos húmidos con ausencia de osíxeno.

Con todo, o rexistro arqueolóxico é xeneroso con materiais que permiten deducir o uso de materias orgánicas. Dentro destas, as fusaiolas e as pesas de tear ou pondus son exemplos que, por medio da dedución, permiten certificar a produción de tecidos, estando representados en xacementos de orixe indíxena e romana.

As fusaiolas formaban parte dos fusos ou variñas cilíndricas, e tiñan un dos extremos "fuselado", é dicir, adaptado á forma do fuso. Os fusos adoitaban ser fabricados en madeira, pero tamén se documentaron pezas en óso ou mesmo en bronce.

A fusaiola, unha vez inserida no extremo do fuso, facilitaba as tarefas de enrolado e desenrolado do fío, mantiñ un equilibrio no xiro e aumentaba a tensión e a uniformidade.

Fusaiolas

Fusaiolas (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión