Porta principal do castro
Un grande acceso ao recinto
Esta área comezou a escavarse no ano 2013 e finalízase na campaña de 2017-2018, cando se acabou de descubrir a entrada da muralla que está á vista.
Esta entrada, que mira cara ao suroeste, conecta co camiño de carros que unía a aldea de Castro de Elviña con Feáns, conservado polos muros e loureiros que lindaban o vello camiño.
O que se descubriu nesta área foi unha complexa estrutura defensiva ata agora descoñecida no mundo castrexo galaico, pois aparecen non só unha senón dúas liñas de torres defensivas acompañadas das súas correspondentes portas protexendo a entrada do recinto fortificado.
Parte interior da entrada e detalles
Ascendendo polo camiño empedrado defendido por estas torres, descubrimos os encaixes do primeiro portón que defendía a entrada; daquela as escaleiras que subían ao adarve ou parte superior da muralla e, finalmente, a ranura do segundo portón que pechaba o recinto superior.
Traspasado o corredor de acceso, chegamos a unha pequena praza ou espazo aberto empedrado no que as construcións que asoman da área parcialmente escavada, dirixen o camiño cara á dereita.
O que vemos neste sector é un reforzo da fachada empregando grandes bloques de granito. Este aparello está ausente do resto do castro, onde se impón a mampostería de pedra irregular de tamaño medio, o cal mostra un claro interese por dotar a esta zona da entrada dunha aparencia impoñente.
Moeda de Flavio Dalmacio
Este sistema defensivo debeu estar en uso desde época prerromana ata, como pouco, o século I despois de Cristo, pero a zona anexa puido ser ocupada, como todo este recinto exterior, en datas máis tardías. De feito, atopouse nas últimas escavacións unha moeda de Flavio Dalmacio datada no ano 336 da nosa era.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible