Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Cerámica castrexa

Pota castrexa decorada (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Cerámica castrexa

Unha cerámica propia, feita por mulleres

A cerámica castrexa ou indíxena proporciona valiosa información sobre cuestións de carácter técnico e social. Durante a Idade de Ferro, manténdose baixo a influencia romana, realizarase nos castros do noroeste unha cerámica especialmente singular, moi homoxénea, na que algúns investigadores quixeron fixar as orixes das cerámicas populares galegas.

Desde o punto de vista do deseño e da técnica, a produción contén unha serie de elementos comúns. Formalmente compóñena principalmente pezas globulares con bordos exvasados e bases planas. Aínda que a maior parte da cerámica é lisa, nas formas decoradas abundan as incisións formando series de liñas ou triángulos, estampadas con forma de espiña de peixe, series de eses, figuras entrelazadas, así como elementos plásticos como mamelóns ou cordóns.

Entre as formas destacan as destinadas a colectores de alimentos ou doutro tipo de materiais, como potas ou xerras, os concos e vasillas para servir a comida, así como pezas destinadas a outros usos. As artesanías de madeira e da cestería, proporcionarían tamén colectores e recipientes coas mesmas funcións, a pesar da escaseza no rexistro arqueolóxico, ao utilizar materiais orgánicos.

Desde o punto de vista social, actualmente sostense que a fabricación oleira foi unha actividade desenvolvida principalmente por mulleres como así parecen indicalo, entre outros indicios, as pegadas dixitais fixadas nalgunhas pezas de barro.

Cerámica castrexa

Pota castrexa sen decoración (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Cerámica castrexa

Cerámica castrexa con decoración impresa (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)


  • Cerámica castrexa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión