Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Tecedora

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

A tecedora

O vestir non é só unha moda

Cando estaban rematadas as actividades agrícolas ou o tempo climatolóxico non permitía os traballos no exterior, a xente dos castros tiña que dedicar parte do seu tempo produtivo a algo fundamental: manufacturar as súas roupas e as teas necesarias para cubrirse e protexerse das inclemencias do tempo.

A invención das técnicas de fiado e polo tanto a obtención de tecidos foi un dos maiores inventos da humanidade, xa que trouxo consigo unha considerable mellora da calidade de vida. As técnicas de fiado e tecido penetraron na península a traves do Mediterráneo xa no V milenio asociadas ao neolítico.

A actividade téxtil tiña un carácter de abastecemento familiar e, polo tanto, era realizada no ámbito doméstico, probablemente colocando o tear na zona mellor iluminada da casa. Pensamos que o farían tanto homes coma mulleres e sería un traballo especializado pero non con dedicación exclusiva.

Fiaban a la da ovella e logo tecían as teas. A obtención da la, segundo autores, nun primeiro momento facíase aproveitando a caída natural anual do vélaro. A invención das tesoiras na Idade do Ferro permitiu utilizar toda a la do animal. Unha vez arrincada, lavábase para eliminar a sucidade e a graxa ou lanolina que a cubría e, unha vez seca, enrolábase e fregábase entre as mans para formar as fibras listas para o fiado. A estrutura dos teares sería de madeira, e usaríanse pesas e fusaiolas de pedra e cerámica. A función das pesas é a de dar tirantez aos fíos da urdime no tear para poder confeccionar os tecidos. Estes novos instrumentos proporcionaron rapidez e comodidade ao traballo de fiado, coa conseguinte mellora da calidade do fío. A obtención de nobelos permitiu o almacenamento de materia prima para traballar con ela cando fose necesario.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión