Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

O castro

O castro

O castro de Elviña sitúase ao sur do concello da Coruña, na parroquia de San Vicenzo de Elviña, sobre o cumio dun outeiro de 120 m, cunha situación estratéxica respecto dos sistemas de comunicacións, tanto terrestres como marítimas.

Nos últimos anos foi obxecto de actuacións arqueolóxicas e de consolidación de estruturas coa finalidade de adecualo á súa posta en valor.

Está composto por tres recintos fortificados, e os dous inferiores xustapóñense ao superior ou croa, cunha superficie de 24.150 m2.

Unha selección dos materiais arqueolóxicos recollidos durante as intervencións pódese contemplar no Museo Arqueolóxico e Histórico do Museo do Castelo de San Antón da Coruña.

A situación

Fotografía aérea do castro de Elviña e da cidade

A situación estratéxica

Unha posición privilexiada na rexión

Un punto de comunicación entre o porto e o interior e un punto de encontro entre as xentes doutros castros da zona.

Saber máis da situación estratéxica

O xacemento

Todos os espazos e estruturas do castro

Unha configuración complexa, resultado de máis de 400 anos de habitación e a convivencia de dúas culturas.

Saber máis sobre o xacemento

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán un aforo máximo de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981189850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión