Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A acrópole

Acrópole

Fotografía aérea da contorna do castro de Elviña

Dominando o val, vixiando o mar

A acrópole ou croa do castro sitúase na parte máis alta do outeiro e é o espazo utilizado máis antigo de Elviña. Os materiais demostran que puido estar habitado mesmo antes do século IV a.C. Posúe unhas vistas privilexiadas do territorio que rodea o outeiro, mesmo do espazo que ocupa actualmente a cidade da Coruña, o mar e o porto. Posúe, polo tanto, unha posición moi útil para a súa defensa e de dominio sobre os camiños.

Nela soamente aparecen vivendas ovais de orixe indíxena, e unha de planta circular na que apareceu un anel de ouro e un coitelo. Na acrópole non hai vivendas de planta mixta ou rectangular. Tamén se atoparon nela evidencias de construcións aínda máis antigas, realizadas con materiais perecedoiros (terra, madeira...), polo que non se conservan. De todas as maneiras, sabemos que estiveron alí porque son perceptibles a través do estudo estratigráfico.

Seguindo a tradición castrexa do noroeste, o castro de Elviña comezaría sendo un pequeno poboado limitado a esta cima do monte. Un espazo único, sen divisións internas, pero ben delimitado e protexido por unha muralla. Trataríase dun sistema defensivo simple, que sería reutilizado en épocas posteriores para a construción da muralla de pedra que hoxe aínda vemos.

Acrópole

Vista da acrópole e parte da súa contorna

Vivendas de palla e barro

As últimas escavacións documentaron a existencia do primeiro recinto fortificado de Elviña e de restos de estruturas perecedoiras, erixidas na acrópole con palla e barro. O "pallabarro" é unha técnica construtiva que mestura palla con barro. Estas son as estruturas máis antigas do castro, de polo menos un século antes da construción das máis antigas conservadas, as vivendas circulares de granito.

Tamén se atoparon materiais cerámicos claramente prerromanos que falan dunha ocupación anterior á transición da Primeira á Segunda Idade do Ferro, na que se empezaron a construír en pedra as estruturas deste tipo de poboados.

Este espazo foi obxecto de transformacións que melloraron o nivel de vida dos seus habitantes, sobre todo as relacionadas co sistema de pavimentación e de evacuación de augas pluviais. Desta maneira, as escavacións arqueolóxicas documentaron unha serie de lousados de cachotería para evitar o encharcamento e embarrado do chan, así como un sistema subterráneo de evacuación de augas mediante sumidoiros e canalizacións.

Acrópole

Fotografa aérea da acrópole

  • A acrópole

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión