Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A casa da exedra

Casa da exedra

Fotografía aérea da Casa da exedra e o acceso sueste da muralla á acrópole.

Un espazo construído e reconstruído

Trátase da edificación máis coñecida do castro e a que presenta unha maior complexidade construtiva, pois reflicte os cambios que sufriu o poboado ao longo dos séculos.

En orixe, no espazo no que se sitúa existirían dúas construcións circulares de época castrexa, seccionadas en época romana por outra rectangular e esta á súa vez dividida posteriormente en estancias interiores. Crese que unha destas estancias estivo abovedada e que se puido utilizar como forno, adega ou almacén.

Descoñecemos cal sería a entrada orixinal da casa e a súa funcionalidade, pero todo parece indicar que pasou a converterse nun edificio público, posiblemente con carácter comercial ou de reunión para a realización de transaccións económicas.

Casa da exedra

Fotografía aérea do alxibe, o Templo Fálico e a Casa da Exedra, e o acceso sueste da muralla á acrópole.

Múltiples reformas

A través do estudo estratigráfico que nos proporcionan as relacións entre as distintas estruturas, a súa destrución e os estratos conservados, aprécianse as distintas fases de construción, reforma e abandono do castro.

En primeiro lugar, atópanse as dúas edificacións de planta circular, situadas no cara suroeste e na noroeste da construción que vemos hoxe en día. A vivenda do noroeste reutilizouse para crear a cabeceira semicircular que caracteriza a construción actual. Ambas as vivendas eran da Segunda Idade do Ferro.

Sobre elas construíuse unha casa rectangular, co que se debuxou unha nova planta con tres áreas ben diferenciadas: a habitación rectangular cun atrio ou pórtico de entrada, a cabeceira semicircular e dúas escalinatas de acceso á casa e a outras zonas do castro. Pouco antes do abandono do castro, os seus habitantes dividiron a sala rectangular en dúas estancias cun muro de peor calidade que o resto.

Algúns restos parecen indicar que chegou a existir dunha vivenda de planta ovalada que comprendese as dúas edificacións circulares, e que sería dun tempo anterior á construción da estancia rectangular.

Casa da exedra

A falsa cúpula

Non se sabe moi ben cal foi a función da cabeceira semicircular deste edificio. A cabeceira aproveita a cimentación da vivenda indíxena, e ten as paredes inclinadas cara ao interior, co que simula un teito abovedado.

As cúpulas de pedra non son un elemento común na arquitectura dos castros, polo que se pensa que se puido tratar dunha falsa cúpula, formada por muros abovedados, pero cerrada na parte superior cunha laxa disposta horizontalmente, similar aos fornos das casas tradicionais.

Ao atoparse inicialmente un edificio de planta rectangular cunha cabeceira semicircular a modo de ábsida, esta construción foi interpretada nun primeiro momento como unha exedra (unha habitación ou pórtico con banco ou asentos e destinada ao diálogo), ao considerarse que podería tratarse dun espazo lúdico, destinado á conversa. Con todo, co que sabemos hoxe en día parece máis plausible o seu uso como forno, adega ou almacén, de onde podería vir outro dos nomes cos que é coñecida na zona: o Forno dos Mouros, ou forno dos encantos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión