Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A fonte cuberta

Fonte cuberta

Fotografía aérea do Templo Fálico e a entrada sueste á croa, entre as que se atopa o burato da fonte.

Auga fresca no poboado

Ademais do pozo ou alxibe, o castro de Elviña contaba cun segundo sistema de abastecemento de auga no interior do poboado. Tamén na primeira terraza, entre o templo fálico e a rampla de acceso á acrópole, atópase unha fonte de auga que parece estar cuberta antigamente.

No interior atopamos un podio pegado a unha das paredes, que serviría de asento, ao resgardo das inclemencias meteorolóxicas.

Ten unha estrutura triangular: unha das paredes construíuse picando a rocha, e as outras dúas con muros de mampostería.

Fonte cuberta

Burato da fonte e restos da súa cimentación

A garita do sentinela?

Tradicionalmente coñecíase esta estrutura como a garita do sentinela, aínda que este nome non se corresponde coa súa función real.

Tras as escavacións realizadas polo arqueólogo José María Luengo, creuse que dada a súa proximidade a un dos torreóns da entrada sueste da acrópole, podería ser parte do sistema defensivo como recinto no que se resgardaría algún dos vixiantes do corpo de garda. Nas seguintes escavacións descartouse esta posibilidade ao descubrirse que se atopaba permanentemente alagada de auga, polo que se ten bastante certeza de que a súa función era a de ser punto fundamental de abastecemento de auga nesta zona do castro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión