Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O templo fálico

Templo fálico

Vista aérea do Templo Fálico, pegado ao acceso sueste á acrópole

Un edificio singular e comunitario

Á beira dos torreóns de acceso á acrópole sitúase unha construción de gran tamaño e de planta mixta, é dicir, que mestura paredes en aresta con paredes de remate redondeado. Neste edificio atopouse unha pedra de granito cunha figura en forma de falo.

Este edificio, que foi definido polo arqueólogo José María Luengo como templo fálico, correspóndese en realidade coa reconstrución de tramos de dúas construcións de diferente cronoloxía e tipoloxía: a máis antiga é de planta oval e ten orixe indíxena, e a posterior é de planta rectangular e data de tempos romana. A reconstrución, que se realizou sen atender a criterios estratigráficos, unificou os restos da planta oval e da rectangular, co que outorgou a peculiar planta mixta que se conserva actualmente.

No amplo interior desta construción sitúanse dous grandes podios corridos arrimados a un muro. Os bancos corridos dentro das construcións castrexas relaciónanse con espazos de uso comunitario, polo que adoitan aparecer en edificios de maiores dimensións. Entre estes bancos existe un espazo libre, no que Luengo localizou o ídolo fálico.

A presenza da singular escultura podería indicar un carácter apotropaico, é dicir, a defensa supersticiosa contra maldicións ou malos espíritos. Desde o punto de vista cronolóxico, a escultura estaría no contexto da última fase de uso da edificación, xa en tempos romanos.

Templo fálico

Vista aérea da primeira terraza. O Templo Fálico sitúase pegado ao acceso sueste á acrópole.

E a sepultura tardorromana

Pegada a unha das paredes do templo fálico, sitúase unha construción doméstica rectangular, que no seu momento estaría cuberta con tégulas romanas, e tamén unha sepultura posterior, feita co mesmo tipo de material construtivo, que se corresponde xa á fase de abandono do castro.

A vivenda tiña unha terraza construída con grandes bloques, sobre os que se dispuxo o enterramento. O aterrazamento dos terreos empezou a ser unha práctica común tras a conquista romana co obxectivo de regularizar as superficies nas que construír.

Templo fálico

Vista aérea da primeira terraza. O Templo Fálico sitúase pegado ao acceso sueste á acrópole.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión