Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2016

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos de formación do departamento de promoción económica e comercio destinados a persoas emprendedoras e/ou empresas de nova creación

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 15 de febreiro ata completar prazas por riguroso orde de inscipción

Dentro da programación formativa do departamento de Promoción Económica e comercio  do concello da Coruña, preséntase o  Itinerario formativo do primeiro trimestre para persoas emprendedoras.

O Itinerario Formativo que se propón está dirixido a persoas emprendedoras coa necesidade e inquedanzas de levar a cabo un proxecto empresarial, e/ou a aquelas que, tendo a súa empresa xa constituida, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia.

Está composto de oito obradoiros formativos de curta duración cos seguintes contidos mínimos:

  • Obradoiro de Plan de empresa (16 horas): facilitarase ás persoas emprendedoras as técnicas máis axeitadas para expoñer a súa idea en forma de proxecto empresarial co obxectivo de que transmitan tanto, os coñecementos sobre o negocio, como a solidez e rentabilidade empresarial deste a través do plan de negocio.
  • Obradoiro de Financiación (4 horas): facilitarase ás persoas emprendedoras as fórmulas existentes no mercado para financiar o seu proxecto da forma máis rendible (entidades financieiras, subvencións, convenios, business angels…), así como os procedementos que regulan a súa solicitude.
  • Obradoiro de Fiscalidade (4 horas): facilitarase ao emprendedor/a información sobre as diversas formas de fiscalidade actual (Imposto da Renda das Persoas Físicas, Imposto de Sociedades, Imposto sobre o Valor Engadido…). Vantaxes e inconvintes.
  • Obradoiro de Márketing e Técnicas de Venda (16 horas), facilitarase á persoa emprendedora a formación necesaria sobre coñecementos de marketing, merchandaising, comercio online e todas as ferramentas necesarias para a venda e postvenda dos seus produtos.
  • Obradoiro de Redes Sociais (20 horas), facilitarase á persoa emprendedora a formación necesaria que poda  potenciar a súa visibilidade, presenza e reputación online co fin de mellorar os seus resultados comerciais (Facebook, twitter, instagram, pinterest…)
  • Obradoiro de Presenza web e de comercio-e (10 horas): Mostrarase ás persoas emprendedoras as alternativas que teñen para crear a súa presenza web e ferramentas axeitadas para a venda online.
  • Obradoiro de Como vender o meu proxecto (6 horas): Neste taller, ademáis de poñer a disposición e formar ao alumnado en habilidades comunicativas, de oratoria, etc, prepáraselles para a presentación dos seus proxectos empresariais.
  • Obradoiro de Recursos Escénicos e Audivisuais para Presentación de Proxectos (12 horas): Tratarase de proporcionar ás persoas participantes a experimentación e práctica de recursos procedentes das artes escénicas e o sector audiovisual co obxecto de preparar una presentación creativa da súa empresa e/ou idea empresarial.

Os obradoiros desenvolveranse nas instalacións municipais sitas no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, agás dos días 09 e 10 de marzo que o obradoiro de Plan de Empresa desenvolverá a parte de Plan de Negocio nas aulas de informática do Centro de formación de Bombeiros e o obradoiro de Recursos Escénicos e Audiovisuais para a Presentación de Proxectos que se realizarán no Centro de Empresas da Grela.

A participación nestes obradoiros é gratuita e pode inscribirse en todos eles ou puntualmente naquel que lle interese. Para formalizar a inscrición, é necesario encher os datos do formulario (documento adjunto), e envíalo escaneado por correo electrónico a concejalía.empresa@coruna.es ou ben chamando ó teléfono 981 184 399.

Documentos:

Hoja-de-inscripcion-talleres.pdf (57 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión