Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Advise Aora

En Advise Aora temos unha longa tradición en servizos de Telecomunicacións e Enerxía o noso equipo conta cunha traxectoria de 18 anos. Traballamos coas principais multinacionais en cada sector.

Como especialistas en servizos de telecomunicacións e eficiencia enerxética somos valedores dun recoñecido e alto grao de experiencia nestas dúas materias. Este Know-how co apoio dunha sólida estrutura organizativa, fai que a nosa compañía sexa a mellor alternativa.

Ofrecémoslle á nosa clientela a última tecnoloxía para a eficiencia e o aforro enerxético en instalacións industriais, comunitarias, vivendas unifamiliares. Cremos nas enerxías renovables, imos da man da nosa clientela para ofrecerlle os mellores recursos do mercado.

En telecomunicacións estamos orientados á atención de autónomos e empresas, contamos cun equipo de persoas expertas en solucións personalizadas para cada tipo de negocio. Conectividade, telefonía, centrais virtuais, xeolocalización, terminais e control horario. Dispoñemos dunha app que permite fichar a todas as persoas empregadas dunha empresa estean onde estean. Permite fichar: desde un dispositivo móbil: Android/Apple - como desde un ordenador (acceso web). As persoas empregadas poden fichar: ao iniciar a xornada, ao pausar para o almorzo, a comida ou outra causa, ao finalizar a súa xornada. Cada persoa empregada pode fichar co seu usuario ou poden usar un PIN para fichar nunha tableta na oficina. Cada fichaxe pode levar asociada a localización GPS e a fotografía da persoa que está a fichar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión