Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas aos proxectos de investimento empresarial (concorrencia non competitiva) (IG408A)

Axudas para dinamizar a actividade económica e potenciar o mantemento e creación de emprego a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

A quen vai dirixido?:

As pequenas e medianas empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que proxecten levar a cabo un investimento para desenvolver algunha das actividades considerades subvencionables
  • Que acheguen unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, mediante recursos propios ou financiamento externo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/01/2020 ata o 30/12/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/01/2020 ata o 30/12/2020

Remuneración / Custo:

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e non superior a 2.000.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

Contía da axuda:

Será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable.

A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

  • Tamaño da empresa: 24% no caso de pequenas empresas e 15% medianas empresas
  • Mantemento do emprego: determinarase en base á cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación da solicitude. Concederase un 3% por mantemento de emprego.
  • Creación de emprego estable: en base ao compromiso de creación neta de postos de traballo con carácter indefinido durante o prazo de execución do proxecto.

a) 2% pola creación de cada posto de traballo no caso de microempresas (3% no caso de persoas discapacitadas) cun máximo de 3%

b) 1% pola creación de cada posto de traballo no caso de pequenas empresas (2% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 3%

c) 0,5% pola creación de cada posto de traballo no caso de medianas empresas (1% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 2%.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioO92-140120-0001_es.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Proxectos obxecto de apoio:

  • Creación dun novo establecemento
  • Ampliación de capacidade dun establecemento existente
  • Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo
  • Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente
  • No sector da hostalería:
    • A creación de novos establecementos hoteleiros de 4 estrelas nos termos municipais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol e de 3 estrelas no resto de localizacións.
    • En establecementos hoteleiros existente, os investimentos necesarios para incrementar a categoría de acordo coa liña anterior.

Investimento subvencionable:

  • Obra civil (nova construción, reforma ou rehabilitación)
  • Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas
  • Bens de equipo
  • Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario
  • Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo
  • Custos de reformas de instalación levadas a cabo en bens inmobles arrendados

Os activos adquiridos deberán ser novos, agás o previsto para a adquisición de edificacións ou construcións usadas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión