Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas aos proxectos dos comercios ao retallo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego código de procedemento IG524C).

Axudas aos proxectos dos comercios ao retallo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor e convocar para o ano 2020 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

A quen vai dirixido?:

Pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais deberán cumprir as seguintes condicións:

  • Que desenvolvan a súa actividade en Galicia a lo menos nun centro de traballo. 
  • Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
  • Que estean dados de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I.
  • Que desenvolvan a actividade comercial nun ou varios establecementos, que individualmente non superen unha superficie total de 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653 do IAE.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/06/2020 ata o 17/08/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/06/2020 ata o 17/08/2020

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Remuneración / Custo:

A contía da axuda será do 100% dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200619/AnuncioO92-110620-0004_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Documentos:

IG279---AXUDAS-AOS-PROXECTOS-DOS-COMERCIOS-AO-RETALLO-GALEGOS-PARA-CONTRIBUR--REACTIVACIN-DO-COMERCIO-GALEGO.pdf (50 KB)

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

  • Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial.
  • A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación.
  • A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes (máscaras protectoras, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos...)
  • A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
  • A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. 
  • A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.
  • Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante a COVID-19 implementadas no establecemento comercial.
  • De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión