Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de webinarios de setembro de 2020. Emprendemento e empresa

Desde o Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña querémoste convidar ao noso ciclo de webinarios (sesións informativas gratuítas en formato vídeo, que se imparten a través de Internet).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/09/2020 ata o 28/09/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/09/2020 ata o 27/09/2020

Se queres asistir e participar só tes que picar ou copiar e pegar a ligazón de acceso que che indicamos. Non é necesario que teñas instalada a aplicación TEAMS no teu ordenador. Podes acceder elixindo primeiramente a opción "Ver en Internet" e despois "Unirse de forma anónima".

Enderezo:

Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

Organiza:

Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña

Contacto:

Correo: empresa@coruna.es

Tel.: 981 189 887

Documentos:

Cartel-webinars-septiembre_3.pdf (273 KB)

Sesións informativas, impartidas por especialistas en cada unha das materias, nas que se tocarán temas de interese para persoas emprendedoras, comerciantes, autónomos/as e empresariado en xeral.

Os webinarios (hora de inicio 12.00 horas) previstos para o mes de setembro son:

14/09/2020 - A retribución dos meus empregados e empregadas

  • Obxectivo: ter unha visión global da retribución dos/as traballadores/as e de como afectan certas variables sobre os custos. Isto mellorará a capacidade de negociación e xestión de política retributiva da empresa.
  • Ligazón: https://cutt.ly/retribucion

16/09/2020 - Que claves ten que coñecer un/unha autónomo/a ou peme en materia de contratación?

  • Obxectivo: coñecer os diferentes tipos de contratos, as cláusulas que deben reflectirse neles, e analizar a repercusión dos ERTE nos contratos vixentes.
  • Ligazón: https://cutt.ly/contratacion

18/09/2020 - O mínimo que todo/a empresario/a debe saber sobre contabilidade

  • Obxectivo: entender os conceptos básicos de contabilidade e ofrecer unhas liñas básicas para entender a conta de resultados dunha empresa.

  • Ligazón: https://cutt.ly/contabilidad1

21/09/2020 - O mínimo que todo/a empresario/a debe saber sobre fiscalidade

  • Obxectivo: coñecer os principais impostos aos que está obrigada a empresa e realizar unha análise da tributación dos beneficios, para a empresa e para o/a empresario/a.
  • Ligazón https://cutt.ly/fiscalidad

25/09/2020 - Avanzando en contabilidade

  • Obxectivo: coñecer os dous conceptos fundamentais da contabilidade: o resultado e o balance, para comprender en que situación se encontra o noso negocio.
  • Ligazón https://cutt.ly/contabilidad2

28/09/2020 - Medidas laborais en vigor para facer fronte á situación xerada pola COVID-19

  • Obxectivo: coñecer as opcións que ten a nosa empresa para racionalizar os recursos humanos adoptando as diferentes medidas adoptadas por mor da crise da COVID-19: os ERTE, conciliación, teletraballo...
  • Ligazón https://cutt.ly/laboral_covid

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión