Concello da Coruña

Concello da Coruña

IGAPE.- Convocatoria de AXUDAS aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario (concorrencia non competitiva)

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que permitan a reorganización produtiva das empresas galegas para abordar a fabricación de calquera equipamento de utilidade na loita fronte ao COVID-19.

A quen vai dirixido?:

  1. As pequenas e medianas empresas, entre as que se inclúen as persoas autónomas.
  2. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/01/2020 ata o 31/07/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/04/2020 ata o 10/07/2020

Remuneración / Dotación:

75% do investimento subvencionable, co límite máximo de 100.000 euros por empresa.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200415/AnuncioO92-130420-0001_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Investimento subvencionable

  • Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interno, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento
  • Outros investimentos en activos fixos materiais
  • Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso)
  • Aprovisionamentos e adquisición de materiais necesarios para fabricar o equipamento sanitario.
  • Asistencias técnicas para a identificación e control das especificacións técnicas e/ou certificación e homologación de produto necesarias para que o anterior equipamento sanitario poida ser utilizado inmediatamente despois da súa produción

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión