Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa cheque autónomo Seguimos adiante

A Xunta de Galicia impulsa medidas para fomentar a actividade económica e apoiar as persoas traballadoras autónomas como axentes dinamizadores da economía na comunidade autónoma. É necesario articular programas que axuden e consoliden as persoas autónomas xa establecidas.

A quen vai dirixido?:

As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas e as sociedades de calquera clase e comunidades de bens que estean en activo que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade
  • Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50% comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020
  • Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentase).

No caso de sociedades, que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o cadro 552 do imposto do sociedades).

No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens. Que a sociedade teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentase).

Estes requisitos demostraranse cunha declaración responsable.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/07/2020 ata o 06/08/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/07/2020 ata o 06/08/2020

Remuneración / Custo:

1. Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais. A axuda será de 3 € por envío contratado con empresas loxísticas externas.- Para a persoa autónoma individual ata 300 €.

  • Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea ata 450 €.
  • Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea ata 600 €.

2. Axuda do 100% dos seguintes gastos da actividade da empresa:

a) O pago por estar nalgunha plataforma de e-commerce local.

b) O pago por licenza de uso de software de venda en liña.

c) Gastos de publicidade en redes sociais.

d) Gastos correntes de seguridade motivadas pola COVID-19 entre os que están, entre outros, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, biombos, asesoramento en prevención de riscos laborais.

e) Gastos de subministracións e de telecomunicacións.

En todo caso, só serán subvencionables os gastos en recursos, aplicacións e equipos que non teñan a consideración de investimento

  • Para a persoa autónoma individual ata 600 €
  • Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea ata 900 €.
  • Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea ata 1.200 €. Ambas as axudas son compatibles e serán subvencionables os envíos e gastos realizados desde o 15 de marzo ata o 20 de decembro de 2020.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200706/AnuncioG0424-260620-0003_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión