Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación e formación de persoas asalariadas (concorrencia non competitiva) (TR349F)

Incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais.

¿A quién va dirigido?:

  • As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
  • As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Non poderán ser beneficiarias:

- As persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social.

-As sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.

A quién va dirigido:

Juvenil, Para público en general

Cuándo:

Desde el 01/01/2020 hasta el 30/09/2020

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 01/01/2020 hasta el 30/09/2020

  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 01/10/2019 e o 03/02/2020: ata o 3 de abril de 2020.
  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas desde o 4 de febreiro de 2020 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.

En todo caso, o prazo para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Remuneración / Coste:

  • Bono contratación: serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1/10/2019 ata o 30/09/2020.

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:

Primeira persoa traballadora indefinida:

* 4.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.

* 6.500 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

- Persoas desempregadas de longa duración.

- Persoas con discapacidade.

- Persoas en situación ou risco de exclusión social.

Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

* 6.500 euros cando se trate dunha persoa desempregada.

* 9.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

- Persoas desempregadas de longa duración.

- Persoas con discapacidade.

- Persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías resultantes incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

- Se a persoa incorporada é unha muller.

- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

- Persoas maiores de 45 anos.

- Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.

- Persoas trans.

  • Bono de incentivos á formación: 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido (debendo cumprir os requisitos indicados na convocatoria)

Página web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0020_es.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Liñas de subvención: dous tipos de axuda compatibles

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión