Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras relevistas (Procedemento TR349E), concorrencia non competitiva

Este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras proĺximas á xubilación por persoas novas

A quen vai dirixido?:

As empresas que teñan a condición de peme, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que realicen contratos de substitución para prestar servizos nos centros de traballo radicados en Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/06/2020 ata o 30/09/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/06/2020 ata o 30/09/2020

Prazo de presentación de solicitudes:

  • polos contratos de substitución realizados entre o 01/01/2020 e o 17/06/2020: ata o 17 de agosto de 2020
  • polos contratos de substitución realizados desde o 18/06/2020 ata o 30/09/2020: ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral. En todo caso, o prazo de presentación de axudas finalizará o 30 de setembro de 2020.

Remuneración / Dotación:

7.500 euros por cada contrato realizado, que se incrementará nun 5% (acumulable) se:

  • a persoa contratada é muller
  • a persoa contratada é unha persoa con discapacidade
  • se a actividade da peme pertence ao ámbito de sectores estratéxicos

O incremento será do 10% no caso de postos de traballo en que o relevista vaia desenvolver funcións relacionadas coa adaptación tecnolóxica da empresa.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200617/AnuncioG0424-050620-0004_es.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión