Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas (concorrencia non competitiva) (TR341S)

Concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeneracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2020.

A quen vai dirixido?:

  • A persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións:
    • 60 ou máis anos e que leve más de 24 meses de alta no RETA
    • Declaración de incapacidade total, absoluta ou gran invalidez recoñecida pola Seguridade Social
    • As persoas herdeiras, no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarias desta axuda, a transmisión das accións ou participacións debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirinte (é dicir, posuír máis do 50% das accións ou participacións da sociedade)

  • A persoa que adquira o negocio e que estea de alta no RETA tras a súa adquisición

Están excluídas as transmisións realizadas entre os cónxuxes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/01/2020 ata o 30/09/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/01/2020 ata o 30/09/2020

Remuneración / Dotación:

- A persoa transmisora: 5.000 euros. En caso de que sexan varias persoas donas, a contía será en proporción á súa participación

- A persoa adquirinte: terá 3 liñas de axuda:

  • Bono asesoramento: pagamento do 100% ata 3.000 euros por gastos de asesoramento (o asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos). Se o negocio ten varias persoas adquirintes, a axuda será en proporción á súa participación
  • Bono formación: ata 6.000 euros para formación xerencial, xestión económica ou financeira, márketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender (a formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de 3 meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020)
  • Bono inicio de actividade: 5.000 euros por negocio, e cun incremento de 3.000 euros por traballador por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e que se comprometa a manter durante un mínimo de 2 anos. Este incremento será por un máximo de 5 traballadores, entre o que se incluirán as persoas que se dean de alta como autónomas se fosen traballadores da empresa. Se a xornada é a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0006_es.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión