Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética

Instituto enerxético de Galicia- convocatoria de subvencións e selección de entidades colaboradoras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/05/2020 ata o 30/09/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/05/2020 ata o 30/09/2020

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200525/AnuncioG0474-280420-0002_gl.pdf

Selección de entidades colaboradoras:

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen

  • Para a actuación 1: todos aqueles establecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venda de electrodomésticos
  • Para a actuación 2, as empresas con actividade de instalación de baixa tensión, de instalacións térmicas ou empresas provedoras de solucións tecnolóxicas, indistintamente

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras: desde o 26 de maio ata o 30 de xullo de 2020

Convocatoria de subvencións:

Actuacións que se subvencionan: renovación de electrodomésticos e incorporación de domótica enerxética en vivendas sitas en Galicia

  • Actuación 1: plan renove de electrodomésticos. A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
  • Actuación 2: instalacións domóticas enerxéticas. A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50 % do prezo da instalación, porcentaxe que sobe ata o 65 % para consumidores vulnerables e ata o 80 % para consumidores vulnerables severos.

Prazo de presentación de solicitudes de axuda: desde as 9:00 horas do 1 de xullo para a actuación 1 e desde as 9:00 horas do día 2 de xullo para a actuación 2, ata o 30 de setembro 2020, ou cando se esgoten os fondos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión