Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para o fomento do emprendimiento en economía social (Programa Aprol-Economía social)

Axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais.

A quen vai dirixido?:

Programa I. Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

1. As cooperativas e sociedades laborais que incorporen acodes socias traballadoras ou de traballo:

  • Se a incorporación é de carácter indefinido, as persoas incorporadas serán:
    • - persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego
    • - persoas vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal
    • - ou ben acodes socias a proba da cooperativa á que se incorporan.
  • A incorporación deberá supoñer un incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo da cooperativa ou sociedade laboral, respecto da media dos últimos 12 meses.
  • Se a incorporación é como acode socia en proba, esta debe ser unha persoa menor de 30 anos, inscrita como demandante de emprego.

2. A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Neste caso, deberá comprender como mínimo o 50% da xornada ordinaria.

Programa II: fomento do acceso á condición de perona socia.

As persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que no momento da súa incorporación, sexan:

  • Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
  • Acodes socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
  • Acodes asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
  • Acodes asalariadas dunha empresa que se transforme en cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
  • Acodes socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.

A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Neste caso, deberá comprender como mínimo o 50 % da xornada ordinaria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/01/2020 ata o 30/09/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/01/2020 ata o 30/09/2020

Páxina web:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802G&ano=2020&numpub=1&lang=es

Organiza:

Xunta de Galicia

REMUNERACIÓN:

Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais

1. Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa: 6.000€. Esta contía incrementarase nun 25%, que son acumulables entre si, se a persoa incoporada é:

  • muller
  • discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social
  • máis de 45 anos
  • emigrante retornada
  • trans
  • centro de traballo situado nun concello rural
  • cooperativa xuvenil

2. Por cada mozo incorporado/a como acode socia traballadora ou de traballo a proba: 600€ ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.

3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo, a contía dos incentivos reducirase ao 50%.

4. A contía máxima por beneficiaria será de 67.500€.

Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia

1. Con carácter xeral:

  • As persoas beneficiarias previstas en letras a) (desempregadas) b) (socias a proba) c) (asalariadas) e d) (asalariadas dunha empresa que se transforme) e no punto 2 (desempregadas que emprenda actividade por conta proia e incorpórense nunha cooperativa): ata 6.000€.
  • As persoas beneficiarias previstas no punto 1.e) (socias traballadoras ou de traballo a tempo parcial): ata 3.000€.

2. Esta contía incrementarase nun 25%, que son acumulables entre si, se a persoa incorporada é:

  • muller
  • discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social
  • máis de 45 anos
  • emigrante retornada
  • trans
  • centro de traballo situado nun concello rural
  • cooperativa xuvenil

3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo, a contía dos incentivos reducirase ao 50 %

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión