Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes (concorrencia non competitiva. Procedemento PR937A)

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/06/2020 ata o 30/09/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/06/2020 ata o 30/09/2020

Remuneración / Dotación:

Contía: 5.000 €. Este importe incrementarase nos importes indicados, que serán acumulables, no caso de concorrer as seguintes situacións:

  • No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 €
  • No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural: 2.000 €

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200604/AnuncioG0244-250520-0004_gl.pdf

Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión