Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Pementa na casa!
Plano Pementa pon en marcha "Pementa na casa!!", propostas que poidades levar a cabo no fogar, baseadas en figuras destacadas da cultura e da arte.
Dende o 03/03/2020 ata o 30/04/2020
Programación CGAI marzo-abril 2020
O CGAI PERMANECERÁ PECHADO DESDE O 12 DE MARZO ATA NOVO AVISO
Prezo:
  • Xeral: 1,20€
  • Carné Xove: 0'60€
  • Abono para 10 sesións: 9€

- As sesións de entrada gratuíta notificaranse no programa.

- A venda de entradas iniciarase 15 minutos antes de comezar a sesión (non se venden entradas por anticipado) 

- Só se venderán un máximo de 2 entradas por persoa.

Dende o 05/03/2020 ata o 04/04/2020
Programación Sala Fernando Rey, marzo 2020
A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en marzo o ciclo de cinema "Estreas en VO" (CANCELADAS AS PROXECCIÓNS ATA O 27 DE MARZO)
Horario:
  • xoves e venres ás 20.30 h
  • sábados ás 17.30 e 20.30 h 
Prezo:
  • 3 € (+65 anos, persoas desempregadas ou carné xove, 2 €)
  • Sesión do espectador (sábados ás 17.30 h): prezo único 1,50 €
  • Abonos 5 películas: 12 €

Venda de entradas: 

  • no despacho de billetes, media hora antes de cada función (se quedan entradas dispoñibles)
  • na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 h e sábados de 10 a 13 h.
Dende o 05/03/2020 ata o 04/04/2020
Programación Sala Marilyn Monroe, marzo 2020
A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta en marzo o ciclo de cinema "Retallos de muller" (CANCELADAS AS PROXECCIÓNS ATA O 27 DE MARZO)
Horario:
  • xoves e venres ás 20.15 h
  • sábados ás 17.15 e 20.15 h 
Prezo:
  • 3 € (+65 anos, persoas desempregadas ou carné xove, 2 €)
  • Sesión do espectador (sábados ás 17.15 h): prezo único 1,50 €
  • Abonos 5 películas: 12 €

Venda de entradas: 

  • no despacho de billetes, media hora antes de cada función (se quedan entradas dispoñibles)
  • na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 h e sábados de 10 a 13 h.
Coruña Hacks
As comunidades técnicas GPUL, Coruña Developers e Árticos poñen en marcha unha nova edición de Coruña Hacks, consistente en tres hackathons (o terceiro sábado de cada mes) e unha gala final con premios. Como nas anteriores edicións, traballarase en proxectos con tecnoloxías libres que contribúan á mellorar a vida na comunidade.
Horario:

10:00 h. - 20:00 h.

Prezo:

gratuíto

Voluntariado cultural nas Bibliotecas Públicas de Galicia
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura teñen en marcha esta iniciativa de voluntariado cultural co obxectivo de incorporar persoas voluntarias á rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Dende o 10/03/2020 ata o 26/05/2020, os martes
Ciclo de concertos "Beethoven 2020"
A Academia Galega de Belas Artes en colaboración cos Conservatorios Superior e Profesional de Música dá Coruña, organiza entre vos meses de marzo e maio ou ciclo de concertos Beethoven 2020, coincidindo co 250 aniversario do nacemento do compositor
Horario: 20:00 h.
Prezo:

entrada libre ata completar capacidade

Sae do niño. Visitas naturalistas guiadas 2020
A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade organiza visitas guiadas aos Espazos Naturais de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules e das Illas de San Pedro, ao Monte de San Pedro, ao Parque de Santa Margarida e aos Xardíns de Méndez Núñez.
Horario:

Venres de cada mes, agás festivos, de 17.00 h a 18.30 h.

Prezo:

Gratuítas.

Marzo, abril, maio e xuño de 2020.

Proxecto Lewo - Voluntariado Xuvenil en Espazos Naturais 2020
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2020.
Dende o 24/01/2020 ata o 13/05/2020
Ciclo de conferencias "Mulleres e realidades comúns"
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza, en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres, o ciclo feminista "Mulleres e realidades comúns", unha charla ao mes de xaneiro a maio e que terá como clausura o debate "Balance do feminismo no último ano" xa no mes de xuño
Horario:

ás 19.00 h.

Prezo:

gratuíto ata completar capacidade

Dende o 07/02/2020 ata o 12/03/2020
Colaxe mixta
Lugar: Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Inauguración da exposición “Colaxe mixta” na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano.
Horario:

de luns a sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Prezo:

de balde

Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix