Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Dende o 04/02/2020 ata o 11/12/2020

ou ata o esgotamento da partida orzamentaria.

Prazo interrompido polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Bono de Alugueiro Social
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVita destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.
Ata o 18/03/2020

Prazo interrompido polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

20 bolsas de formación en materia de arquivos
A Consellería de Cultura e Turismo convoca bolsas de formación relacionada cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. As persoas bolseiras realizarán a súa actividade nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería.
Duración: Máximo 6 meses.
Dende o 07/02/2020 ata o 30/09/2020

Prazo interrompido polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas
O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.

Diferentes prazos segundo acción.

Axudas para actividades de Mocidade do Programa Erasmus+
O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Instituto da Mocidade, convoca mediante tramitación anticipada a concesión de axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+» durante 2020.
Ata o 08/04/2020

Paralízase de maneira indefinida a convocatoria de bolsas deste ano (caquera solicitante pode renunciar á solicitude, tramitación ou incluso concesión da bolsa en calquera momento)

8ª Convocatoria Bolsas Eurolingua
Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2020. nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP (CONVOCATORIA PARALIZADA)

Os cursos formativos poderanse desenvolver ata o 31 de decembro de 2020.

Ata o 30/09/2020
Axudas para a realización de cursos de idiomas na estranxeiro - Fundación ONCE
Fundación ONCE puxo en marcha un programa de axudas de mobilidade internacional para que a mocidade con discapacidade de entre 18 e 29 anos poida estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.
Dende o 11/03/2020 ata o 31/03/2020

14:00 horas.

Prazo suspendido polo Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo de 2020.

Bolsas para deportistas da provincia, ano 2020
A Deputación provincial da Coruña convoca bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles ás persoas deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

12:00 horas.

De conformidade coa Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, que interrompe os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, queda tamén suspendido o prazo para a presentación de solicitudes á Bolsa de Museografía. O cómputo do prazo renovarase no momento en que perda vixencia o mencionado real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

Axuda para a realización de prácticas no Museo ICO
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital convoca unaayuda dirixida á realización de prácticas no Museo ICO en Madrid.
Ata o 04/05/2020

De conformidade coas medidas preventivas do sector público autonómico adoptadas como consecuencia da evolución do COVID-19, suspéndense os prazos para a tramitación dos procedementos no ámbito do Igape.

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial
O Instituto Galego de Promoción Económica convoca 50 prazas para a capacitación de mozos e mozas profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, con destino en organismos de promoción económica, centros de investigación e/ou empresas en Galicia e no estranxeiro.
Duración: 12 meses.
Ata o 06/04/2020

Prazo interrompido polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Bolsas DigiTalent
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca 32 bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.
Duración: 3 meses.
Dende o 09/03/2020 ata o 09/04/2020

prazo suspendido polo Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo de 2020.

250 bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"
O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca bolsas de introdución á investigación "JAE Intro", no marco do Programa «JAE».
Duración: 5 meses.

Debido ao Estado de Alerta (RD463/2020, de 14 de marzo de 2020), o prazo de recepción de solicitudes esténdese ata o 18 de abril, incluído.

Axudas do Programa Cicerone 2020 - Prácticas de laboratorio no CNIC
O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca ata 34 prazas do Programa Cicerone 2020 - Prácticas de laboratorio no CNIC para estudantes universitarios durante os meses de verán.
Duración: Estancias de 6 semanas en el CNIC durante el 1 de julio y el 30 de septiembre de 2020.
Dende o 27/02/2020 ata o 26/03/2020

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19,  interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento, que queda en suspenso.

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2020
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Prezo:

As familias achegarán as cantidades que correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV da convocatoria.

O programa inclúe:

  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 
Ata o 23/03/2020

Prazo interrompido polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

4 bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo para o ano 2020, co obxectivo de contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.
Duración: Ata o 31 de decembro de 2020.

ampliado prazo ata o 20 de mayo de 2020.

13 Bolsas Santander Progreso para alumnado da UVigo
A Universidade de Vigo e o Banco Santander convocan 13 bolsas para a realización de estudos oficiais de grao ou máster, destinadas ao alumnado matriculado na UDC cos mellores expedientes académicos e que recibisen unha bolsa de carácter xeral para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2019/2020
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix