|
Ata o 30/06/2021 23:00 h. | Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento 2021 | Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento, que convoca Fundación BBVA coa colaboración do CSIC, recoñecen contribucións fundamentais nun amplo abanico de campos do coñecemento científico, a tecnoloxía, as humanidades e a creación artística. En ningún caso recoñecen traxectorias consolidadas. |
|  |
|
Ata o 31/03/2021 12:00 h. | XVI Premios Fundación BBVA á Conservación da Biodiversidade | Os Premios Fundación BBVA á Conservación da Biodiversidade pretenden recoñecer e incentivar o labor das organizacións conservacionistas, as institucións e os organismos que desenvolven políticas ou funcións de conservación ambiental, así como a de profesionais da comunicación que contribúen co seu traballo para protexer o patrimonio natural. |
|  |
|
|
Recepción propostas: do 15/02/2021 ao 15/03/2021 ás 23:59h. | 8ª edición “Illustraciencia, Premio Internacional de Ilustración Científica e de Natureza” | O Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e a Associació Catalá de Comunicació Científica (ACCC) convocan a oitava edición do certame internacional de ilustración científica e de natureza, Illustraciencia. Un proxecto que ten o obxectivo de divulgar e poñer en valor o ámbito da ilustración científica. |
|  |
|
Ata o 28/02/2021 | III Concurso antalia decora | Antalia Cociñas convoca a III Edición do Concurso antalia decora para fomentar o espírito innovador dos mozos creadores e premiar as mellores solucións creativas que poidan achegar no mundo da decoración e o moble de cociña. |
|  |
|
|
Ata o 15/04/2021 14:00 h. | FICBUEU 2021 - 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu | A Asociación Cultural FICBUEU abriu o prazo para presentar obras ao 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra), que se desenvolverá entre o 10 e o 19 de setembro de 2021 e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional. |
|  |
|
Ata o 01/03/2021 A presentación das obras e traballos en cada unha das modalidades será entre os días 1 e 26 de marzo de 2021. | Premios Exército 2021 | A Xefatura do Estado Maior do Exército do Ministerio de Defensa convoca os Premios Exército 2021 na súa 58ª edición, nas seguintes disciplinas: Pintura, Debuxo, Miniaturas militares, Fotografía, Ensino escolar e Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. |
|  |
|
ata o 08/03/2021 | III Premio Fina Casalderrey de literatura pola igualdade. | Co motivo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas
que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de
Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o III PREMIO FINA CASALDERREY de Literatura Infantil pola igualdade. |
|  |
|
|
ata o 28/03/2021Dende o 15/01/2021 ata o 28/02/2021 Pódense presentar ata dous textos. Enviaranse por correo electrónico a fsorihuela@gmail.com ,especificando en asunto: "Teatro breve Miguel Hernández". | VI Premio de Teatro Breve "Miguel Hernández". | O Premio de Teatro Breve "Miguel Hernández" nace coa intención de motivar a creación de textos teatrais breves, de promover unha nova dramaturxia e de dotar á cidade de Orihuela cun certame de textos de teatro.A temática é libre.Teranse en conta aspectos como a calidade temática, innovación e orixinalidade. |
|  |
|
Ata o 01/03/2021 14:00 h. | Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2021 | A SCIE e a Fundación BBVA anuncian a quinta edición dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA, integrada por dúas modalidades de premios de periodicidade anual e ámbito estatal. Dúas modalidades: A modalidade de Premios Nacionais de Informática, dirixida a recoñecer o labor de investigadores e entidades públicas e privadas na área da Informática; e a modalidade Investigadores Mozos Informáticos, destinada a distinguir traballos doutorais innovadores e relevantes. |
|  |
|
|
|
|
|
Ata o 28/02/2021 | Premio literatura xuvenil "a Caixa / Plataforma" | Plataforma Editorial e a Obra Social "a Caixa" convocaron a novena edición do Premio Literario "a Caixa" / Plataforma, dirixido a escritores entre 14 e 30 anos, co obxectivo de promover a literatura entre os mozos. |
|  |
|
|
Antes das 23:00 h. do 26/04/2021 | 18º Premios "Buero" de Teatro Novo | Os PREMIOS "BUERO" DE TEATRO NOVO convocan na súa 18ª edición a grupos de teatro escolares (institutos, colexios...) ou non escolares (asociacións, talleres de teatro...) formados por mozos entre 14 e 21 anos que queiran presentar a concurso as súas montaxes teatrais. O concurso nesta 18º edición adáptase ás especiais circunstancias sociosanitarias do momento, engadindo á modalidade clásica a concurso outras dúas novas modalidades, co obxectivo de facilitar a participación dos mozos e grupos de teatro novo, sexan cal sexan susposibilidades de reunión, ensaio e representación das obras teatrais. |
|  |
|
|
Ata o 30/04/2021 | Concurso de Pintura e Escultura "Figurativas 2021" | A Fundació Privada de lles Arts i els Artistes convoca o Concurso Figurativas 2021. Desde esta Fundación búscase promover e difundir a arte figurativo, e o seu principal labor é alentar as iniciativas artísticas e patrocinar aos artistas. | Prezo: A taxa inicial por participante no concurso é de 30 €. |
|  |
|
Ata o 25/02/2021 | I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado | O Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. |
|  |
|