Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Dende o 07/07/2020 ata o 09/07/2020
Proba de Acceso á Universidade ABAU 2020: novas datas para a convocatoria ordinaria
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acordaron fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano
Dende o 08/04/2020 ata o 13/04/2020

(Se nalgún curso houbese prazas abertas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece o dito curso)

Plan de formación para a xuventude e o voluntariado
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado impulsa este plan de formación para a mocidade e voluntariado coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19. O plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia. No ámbito da xuventude, as accións formativas centraranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos persoas mozas de entre 16 e 35 anos.
Prezo:

gratuíto.

Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix