Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Dende o 26/01/2021 ata o 15/02/2021
1 praza de enxeñeir/o superior do servizo de augas - Concello de Arteixo
Convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico de administración especial, persoal funcionario de carreira, de enxeñeiro/a superior do servizo de augas do Concello de Arteixo.
Ata o 08/02/2021
Prazas de persoal técnico de Xestión e de Cultura para o Concello de Vilagarcía de Arousa
O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca procesos selectivos para cubrir as prazas de persoal funcionario correspondentes ás prazas de Técnico/a de Xestión e Técnico/a de Cultura.
Ata o 12/02/2021
13 prazas do Corpo Superior de Actuarios, Estatísticos e Economistas da Administración da Seguridade Social
O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións convoca dous procesos selectivos para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Superior de Actuarios, Estatísticos e Economistas de laAdministración da Seguridade Social, 8 prazas na Escala de Actuarios e 5 prazas na Escala de Estatísticos e Economistas.
Ata o 28/01/2021
Bolsa de emprego auxiliar administrativo de biblioteca - Concello de Miño
Creación polo Concello de Miño dunha bolsa de emprego na categoría profesional de auxiliar administrativo de biblioteca. O sistema de selección será o concurso-oposición.
Ata o 29/01/2021
Bolsa de emprego para o Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo
O Concello de Teo convoca proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias.
Ata o 04/02/2021
4 operarios ou operarias de servizos varios para o Concello de Poio
O Concello de Poio convoca proceso selectivo para a provisión de catro prazas vacantes de operario ou operararia de servizos varios, polo sistema de oposición libre.
Ata o 04/02/2021
Operario ou operaria de xardinería para o Concello de Poio
O Concello de Poio convoca un proceso selectivo para proveer unha praza de Operario/a de Xardinería da plantilla de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.

20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Praza de técnico/a de apoio social Concello da Coruña
O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnica/o de apoio social. Sistema de selección por concurso-oposición.

20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Praza de licenciado/a en Dereito para o Concello da Coruña
O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a provisión dunha praza de licenciado/a en Dereito. Sistema de selección por concurso-oposición.
Ata o 15/02/2021
10 prazas para técnicos e técnicas en farmacia reservadas para persoas con discapacidade intelectual
O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico e técnica en farmacia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Prezo:

As persoas participantes neste proceso selectivo están exentas do aboamento da taxa por inscrición en procesos selectivos.

Ata o 15/02/2021
16 prazas de telefonista para o Sergas
O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de telefonista.
Ata o 15/02/2021
39 prazas de pinche reservadas para persoas con discapacidade intelectual
O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Prezo:

As persoas participantes neste proceso selectivo están exentas do aboamento da taxa por inscrición en procesos selectivos. 

Ata o 05/02/2021
248 prazas da Escala de Axudantes de Investigación dos Organismos Públicos de Investigación
O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, na Escala de Axudantes de Investigación dos Organismos Públicos de Investigación (CSIC, CIEMAT, ISCIII, IEO, IGME, INIA, INTA, Dirección Xeral de Consumo, CEM, AEAT, Administración periférica do Estado e Confederación Hidrográfica do Ebro).

20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

1 praza axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Friol
O Concello de Friol convoca o procedemento de selección para provisión dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL). Sistema concurso-oposición.
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix