Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Publicación: BOP 27-08-2018
Bases completas: Base de datos Nacional de Subvencións412654
A Concellería de Participación e Innovación Democrática convoca a XV edición do Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte" de acordo coas seguintes bases:
Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras. Serían fotos de viaxes en xeral (paisaxes, fotos das cidades onde van as persoas participantes, fotos de viaxeiros, fotos nas que mostran persoas con vestimentas exóticas etc.) e non se establece un lugar xeográfico específico, e deberanse explicar nun texto as fotos, o lugar ou motivación da viaxe etc.
O concurso terá os seguintes premios:
Os premios á mellor fotografía e á mellor serie fotográfica consistirán nunha viaxe para unha ou dúas persoas.
Inclúen: voos, hotel 3/4* con aloxamento e almorzo e seguro de asistencia de viaxe
As persoas premiadas deberán iniciar a súa viaxe, antes do 31 de decembro de 2018, e os premios estarán suxeitos ás retencións fiscais que marque a lexislación vixente.
O valor de cada premio deste concurso é de 1.100 euros.
O prazo de admisión de orixinais manterase aberto ata o 3 de setembro de 2018 ás 13.30 h.
As fotografías e documentación para participar neste concurso deberanse presentar en calquera dos rexistros municipais (Palacio de María Pita n.º 1, Fórum Metropolitano. Río Monelos n.º 1, Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela n.º 17, etc.) ou demais lugares previstos legalmente (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).
O horario dos rexistros municipais é de 08:00 a 13:30 h.
Se alguén presenta a solicitude nalgún dos lugares recollidos na normativa, diferente a un rexistro municipal deste Concello, deberá enviar un correo electrónico a cmix@coruna.es antes do 3 de setembro ás 13.30 h indicándoo. Neste caso, o enderezo de envío das fotografías será o seguinte:
Concello da Coruña
Rexistro Xeral de María Pita
Praza de María Pita, 1
15001 A Coruña
Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil Ed. Fórum Metropolitano, r/ Río Monelos, 1 - 15006 A Coruña Tel.: 981 184 294 cmix@coruna.es
Dende o 01/03/2021 ata o 22/03/2021
Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30
Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible