Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

7 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Ciclo de cine "Mulleres" en Afundación

    Cando:

    Dende o 18/03/2024 ata o 22/04/2024

    As mulleres volven ser un ano máis as protagonistas do ciclo de cine de Afundación, nunha selección de tres películas nas que elas son a parte relatora e activa destes traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.

  • V Semana do Cinema Galego

    Cando:

    Dende o 19/03/2024 ata o 24/03/2024

    A 5ª edición da Semana do Cinema Galego, que organiza cada ano a Academia Galega do Audiovisual, exhibirá no Teatro Colón as producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia: 8 filmes (4 longametraxes de ficción e 4 documentais) que suman 45 candidaturas aos Premios Mestre Mateo.

  • Cinefórum: Sherlock, Jr. (1924 - Buster Keaton)

    Cando:

    24/03/2024

    O Espazo Xuvenil O Remanso proxecta: Sherlok, JR. Misterio e risas a partes iguais neste clásico do cinema mudo dirixido e protagonizado por Buster Keaton. Como toda proxección do Remanso haberá debate ao final onde poder tocar distintos aspecto ao redor do filme.

  • Filmoteca de Galicia: programación marzo 2024

    Cando:

    Dende o 01/03/2024 ata o 27/03/2024

    A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para o mes de marzo, que continúa cos ciclos dedicados aos cineastas Pedro Costa e Aki Kaurismäki e co ciclo "Materiais para unha historia do cine en Galicia", inicia un ciclo dedicado á cineasta de vangarda Su Friedrich e outro ao cine realizado por mulleres en "Olladas de muller". Ademais dos filmes integrados nas habituais seccións "As filmotecas presentan..." e "Filmoteca Jr", a sección "Fóra de serie" estará protagonizada por "Pequenas películas de xente que fala (moito)".

  • Programación Sala Fernando Rey, marzo 2024

    Cando:

    Dende o 29/02/2024 ata o 23/03/2024

    A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta no mes de marzo un ciclo de cinema dedicado ao actor danés Mads Mikkelsen.

  • Programación Sala Marilyn Monroe, marzo 2024

    Cando:

    Dende o 29/02/2024 ata o 23/03/2024

    A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano acolle no mes de marzo o ciclo de cinema "Retallos de muller", dentro do que se inclúe tamén a película do ciclo "O documental do mes".

  • Ciclo "As mellores películas da historia"

    Cando:

    Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024

    O Teatro Colón presenta o ciclo de cinema "As mellores películas da historia", proxeccións en pantalla grande, V.O. con subtítulos e formato 35 mm. de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. O ciclo, coordinado por Javier Trigales, permitirá revisionar un destes grandes clásicos ao mes, que serán analizalos nun coloquio posterior da man de grandes expertos e expertas.

resultados 7

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión