Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

142 axudas para cursos de idiomas dirixidas a estudantes universitarios

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Inscricións:

Ata o 13/03/2020

Duración:

As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2020.

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2019/20, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en data 30 de setembro de 2019, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais.
  • O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
  • Queda excluído desta convocatoria:
    • O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
    • O alumnado que durante o curso 2019/20 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Remuneración / Dotación:

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento ED416A

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Subdirección Xeral de Universidades

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 430 

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: orientacion.sug@edu.xunta.es

Dúbidas ou dificultades técnicas durante o proceso de obtención dos formularios: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal 

www.edu.xunta.es 

Publicación: DOG 28/01/2020

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión