Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove

A Consellería de Política Social convoca as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020. Trátase de fomentar a participación da mocidade en iniciativas entendidas como importantes experiencias de aprendizaxe non formal, co propósito de estimular o seu espírito de protagonismo e liderado, a creatividade e o talento xuvenís e a posta en práctica das súas ideas relacionadas co emprendemento e coa empregabilidade.

Inscricións:

Ata o 10/03/2020

Requisitos:

  • Grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil: 
    • Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán estar empadroadas nalgún dos municipios de Galicia. Non se poderá modificar a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
  • Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación: 
    • As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades das persoas membros das asociacións xuvenís.
  • Proxectos subvencionables:
    • Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €.
    • No caso daqueles proxectos que, para o seu desenvolvemento, indiquen que precisan formación, acreditarase suficientemente que as persoas docentes son competentes para impartir a dita formación.  
    • Calquera das actividades desenvolvidas será de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.
    • As actividades que constitúen o obxecto do proxecto deberá realizalas de forma directa a entidade ou grupo beneficiario e non poderán ser subcontratadas.
  • Solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións.

Remuneración / Dotación:

A contía da axuda concedida será igual á contía do orzamento do proxecto que non poderá superar os 5.000 euros.

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento BS306B

Contacto:

Consellería de Política Social. Diarección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 957 057 / 981 544 866

Xefatura Territorial da Consellería da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

CC. Elviña. Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º. 15008 A Coruña

Teléfono: 881 881 238

www.xuventude.net 

Publicación: DOG 10/02/2021 

Entenderanse por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade, nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas a través de proxectos integrais e específicos de actuación. 

Considéranse áreas de atención prioritaria as seguintes:

  • Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
  • Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.
  • Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.
  • Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
  • Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
  • Promoción de sectores emerxentes vinculados ao sector TIC.
  • Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas.
  • Promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático, así como de posta en valor do patrimonio cultural e natural.
  • Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  • Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión