Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Inscripciones:

Hasta el 21/06/2019

O alumnado que se incorpore ao centro fóra deste prazo, disporá dun mes dende o día seguinte ao da formalización da matrícula

Requisitos:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE).
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 
  • As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán que devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19. 

Remuneración / Dotación:

Contía das axudas para adquirir libros de texto:

- Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

  • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.
  • 2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 €e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

- Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

- Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

- Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

  • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
    • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.
    • 2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.
  • Alumnado de ESO:
    • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 180 €.
    • 2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 104 €.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Página web:

Sede electrónica: procedemento ED330D

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional 

San Caetano s/n. 15771  Santiago de Compostela.  Teléfono: 981 546 523 / 981 546 521

Xefatura Territorial: Rúa Vicente Ferrer, 2, 7º. 15008 A Coruña. Tel. 981 18 47 01

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Publicación: DOG 20/05/2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020

O alumnado que participe no fondo solidario, a asignación será por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

Esgotados os libros no fondo solidario, o centro adquirirá os libros de texto que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 4 libros

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: 6 libros con independencia da renda.

No pierdas

Actividades

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?