Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Xuventur 2019

A Axencia Turismo de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha unha nova edición de “Xuventur”, o programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana. Ofrécense distintas alternativas de participación nos meses de outubro e novembro, cunha oferta total próxima ás 600 prazas

Inscripciones:

Desde el 23/09/2019

ata esgotar prazas

Precio:

O programa é gratuíto, e inclúe: aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado), manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo, programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento 

O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Requisitos:

  • Xente nova empadronada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude. 
  • Cada persoa solicitante só poderá elixir un programa e unha quenda.
  • Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa.
  • A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición na web
  • As prazas asinaranse por estrita orde de chegada. A confirmación da praza farase por correo electrónico. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir a fotocopia escaneada do DNI por correo electrónico a xuventude.programas@xunta.galindicando no asunto o programa ao que está inscrito.

Página web:

www.xuventude.net

Contacto:

Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo de San Lázaro 3º andar. 15707 Santiago de Compostela

Tel.  981 54 48 54

xuventude.programas@xunta.gal 

Documentos:

Folleto (8 MB)

PROGRAMAS

  • Programa 1: AVENTURA & DESCUBRIMENTO 
    • Actividades: Surf, actividades de aventura e de introspección, reflexión persoal e cooperación en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña)
    • Datas:  do 4 ao 6 de outubro, do 11 ao 13 de outubro, do 18 ao 20 de outubro e do 25 ao 27 de outubro (venres a domingo). 
  • Programa 2: NATUREZA AUDIOVISUAL E 3D
    • Actividades de creatividade e novas tecnoloxías no medio natural da contorna dos Ancares, en Cervantes (Lugo).
    • Datas: do 4 ao 6 de outubro, do 11 ao 13 de outubro, do 18 ao 20 de outubro e do 25 ao 27 de outubro (venres a domingo).
  • Programa 3: MULTIAVENTURA EN TERRA DE TRIVES
    • Actividades multiaventura e de inmersión e coñecemento do patrimonio natural e cultural, na comarca de Terra de Trives (Ourense) 
    • Datas: do 4 ao 6 de outubro, do 11 ao 13 de outubro, do 18 ao 20 de outubro e do 25 ao 27 de outubro (venres a domingo). 
  • Programa 4: A NATUREZA QUE TE COIDA
    • Actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural, no concello de Covelo (Baixo Miño, Pontevedra).
    • Datas: do 4 ao 6 de outubro, do 11 ao 13 de outubro, do 18 ao 20 de outubro e do 25 ao 27 de outubro (venres a domingo).
  • Programa 5: CAMIÑOS NATURAIS, CAMIÑOS VITAIS
    • Actividades de entrenamento de habilidades e ecoturismo pola Costa da Morte, en Carnota (A Coruña).
    • Datas: do 1 ao 3 de novembro, do 8 ao 10 de novembro, do 15 ao 17 de novembro e do 22 ao 24 de novembro (venres a domingo).
  • Programa 6: AVENTURA DENDE AS EMOCIÓNS
    • Actividades de achegamento á intelixencia emocional e de aventura, na Estrada (Pontevedra).
    • Datas: do 1 ao 3 de novembro, do 8 ao 10 de novembro, do 15 ao 17 de novembro e do 22 ao 24 de novembro (venres a domingo).
  •  Programa 7: DESCUBRINDO O XEOPARQUE DO COUREL
    • Actividades de turismo activo e de coñecemento dos paraxes naturais, no Courel (Lugo).
    • Datas: do 1 ao 3 de novembro, do 8 ao 10 de novembro, do 15 ao 17 de novembro e do 22 ao 24 de novembro (venres a domingo).
  •  Programa 8: NATURALMENTE OUTONO
    • Actividades de inmersión no mundo natural, no Parque Natural do Xurés (Ourense)
    • Datas: do 1 ao 3 de novembro, do 8 ao 10 de novembro, do 15 ao 17 de novembro e do 22 ao 24 de novembro (venres a domingo)
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?