75 resultados
07/06/2024
A Praza da Tolerancia acolle a I edición do festival "Aquí tamén se fala", unha iniciativa promovida dende o IES Rafael Dieste que contará con artistas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria.
21/04/2024
O Grupo Naturalista Hábitat organiza unha nova actividade de achegamento á natureza na contorna da Torre de Hércules, da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.
A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que comezará o vindeiro luns, 22 de abril.
20/04/2024
Sala Gurugu presenta a Gabriela Gonzalez en "Poeta Niña".
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.
20/04/2024
Este sábado preséntase en Mardi Gras o libro de Óscar Caamaño con fotografías realizadas en múltiples salas galegas, moitas delas en Mardi Gras, con artistas moi diversos, ademais dalgún festival con imaxes de Iggy Pop.
26/04/2024
Concerto no Ágora de Amoeba Split, unha banda coruñesa de jazz rock con máis de 20 anos de traxectoria. Considéraselles na actualidade como un dos máximos expoñentes mundiais do "Son Canterbury".
Dende o 30/06/2024 ata o 06/07/2024
O programa de convivencia e divulgación científica promovido polo grupo XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC ofrece na súa 12ª edición 95 prazas en réxime de aloxamento e pensión completa para alumnado de 4º curso de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP. O alumnado poderá iniciarse na investigación, tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde, como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.
24/04/2024
O CEIDA organiza a conferencia do profesor e ambientalista Marcos Sorrentino que terá lugar no nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.
A Consellería de Política Social e Xuventude oferta prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2024 que se desenvolverán en Galicia, País Vasco, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela-A Mancha.
resultados 75
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible