Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

48 resultados

  • Recital polo Día da Poesía "Déboche unha"

    Cando:

    25/04/2024

    Dentro da campaña "Voces aladas "das Bibliotecas Municipais polo Día da Poesía, que se conmemora o 21 de marzo, a Biblioteca Municipal Durán Loriga organiza para abril o recital "Déboche unha" a cargo de Lucía Aldao e Andrea Nunes.

  • Actividades nas Casas da Mocidade Oleiros- Abril

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 27/04/2024

    As casas da mocidade de Oleiros organizan unha serie de actividades durante o mes de abril.

  • Encontro Mundial de Humorismo 2024

    Cando:

    Dende o 25/04/2024 ata o 05/05/2024

    A Coruña volverá ser a capital do humor esta primavera coa nova edición do EMHU que, do 25 de abril ao 5 de maio en diferentes espazos da cidade, contará coa presenza das figuras máis destacadas da comedia galega e estatal.

  • Exposición: Coser o río

    Cando:

    Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024

    A Fundación Luis Seoane acolle a exposición "Coser el río". Un percorrido pola produción plástica de Victoria Gil, unha das primeiras artistas españolas cuxa obra estivo posicionada nas correntes feministas desde prácticamente os seus comezos na década dos 80.

  • Exposición Colores del mundo

    Cando:

    Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024

    O programa Arte en la calle quere acercar a arte ás persoas fóra do marco habitual de museos e salas de exposicións.

  • Día Mundial do Teatro: "Papagena" e "As Alumnas"

    Cando:

    Dende o 27/03/2024 ata o 30/03/2024

    A Deputación da Coruña celebra o 27 de marzo o Día Mundial do Teatro que, como en anteriores edicións, ocupará un espazo destacado na programación da Área de Cultura deste mes ofrecendo catro espectáculos teatrais en nove teatros da provincia. Na Coruña o Teatro Colón acollerá de balde a representación das obras "Papagena" e "As Alumnas"

  • Sala Filomatic

    Cando:

    Os días 01/03/2024, 02/03/2024, 08/03/2024, 09/03/2024, 16/03/2024, 22/03/2024, 23/03/2024, 29/03/2024, 30/03/2024

    A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de marzo.

  • Ciclo de cine "Mulleres" en Afundación

    Cando:

    Os días 18/03/2024 ás 19:00 , 08/04/2024 ás 19:00 , 22/04/2024 ás 19:00

    As mulleres volven ser un ano máis as protagonistas do ciclo de cine de Afundación, nunha selección de tres películas nas que elas son a parte relatora e activa destes traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.

  • Novo período de solicitude dos Locais de Ensaio: Dálle!

    Ábrese un novo prazo ordinario de inscrición para optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, servizo municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade, para mozos e mozas da Coruña, solistas ou membros de grupos como espazo onde desenvolver as súas inquedanzas musicais.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/03/2024 ata o 31/03/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de marzo de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

resultados 48

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión