Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

78 resultados

  • Mes da lingua e a cultura chinesa na EOI

    Cando:

    Os días 10/04/2024 ás 10:30 , 15/04/2024 ás 19:30 , 18/04/2024 ás 18:30 , 23/04/2024 ás 19:30 , 25/04/2024 ás 19:30 , 26/04/2024 ás 11:00

    O Departamento de Chinés da Escola Oficial de Idiomas da Coruña organiza en abril o mes da lingua e a cultura chinesa con talleres, conferencias e coloquios abertos ao público en xeral.

  • Aprendendo a incluír. II Xornada Discapacidade: acoso escolar e condutas adictivas

    Cando:

    25/04/2024

    A Fundación María José Jove e COGAMI organizan por segundo ano consecutivo “Aprendendo a incluír. II Xornada Discapacidade: acoso escolar e condutas adictivas”, unha xornada de sensibilización, desde unha perspectiva práctica, acerca da realidade da inclusión no ámbito educativo. A sesión de mañá está pechada para centros educativos pero a sesión de tarde é aberta ao público e gratuíta, previa inscrición na súa web.

  • Sala Filomatic: abril

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024

    A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de abril.

  • DiscoverEU

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

  • Listaxe provisional de grupos admitidos na quenda semestral de abril-outubro 2024 dos Locais de Ensaio

    A continuación publícanse as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril.

  • Garufa Club: abril

    Cando:

    Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30

    A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de abril.

  • Exposición: Buscar a perfección

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024

    A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) organiza na súa sede unha exposición da artista Elena Nasipova Nasipova que estará dispoñible durante o mes de abril.

  • Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

    O Espazo Xuvenil O Remanso organizan unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

  • Miniciclo de cinema: Comedias clásicas II

    Cando:

    21/04/2024

    Segunda proxeción dun dos clásicos de cine mudo. Oportunidade para coñecer algunhas das comedias protagonizadas polos famosos Buster Keaton, Harold Lloyd e outros grandes actores de comedia da época. Tamén exploraremos e poñeremos en valor a actrices que pasaron máis desapercibidas por ser mulleres, e debateremos sobre a cuestión de xénero no cine e en particular na comedia.

  • Obradoiro de Variñas Máxicas

    Cando:

    26/04/2024

    Neste obradoiro as persoas participantes poderán crear a súa propia variña máxica, ferramenta fundamental para encantamentos ou feitizos. Poderán inspirarse nalgún modelo coñecido da literatura ou do cinema, pero finalmente deseñará cada quen a súa peza ao seu gusto. Xa sexa como elemento decorativo ou como complemento dun cosplay, esta variña será un obxecto especial e único.

resultados 78

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión