Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
43 resultados
Ata o 31/03/2021
ás 15:00 h.
Iberdrola España convoca bolsas para o curso académico 2021-2022 para realizar estudos de posgrao en diferentes universidades nas seguintes áreas de coñecemento: Enxeñería, Informática, Matemáticas, Big Data, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Administración de Empresas e Márketing Dixital .
Presentación de proxectos desde o 25/03/2021 ata o 18/04/2021 ás 23:59 h.
A Fundación Nadine lanza a segunda edición de Convo Nadine 21, un programa de apoio á creación artística de mozos comprometidos co cambio, con proxectos artísticos que se desenvolvan en España. O obxectivo da convocatoria é dotar a novos artistas de ferramentas, recursos e orientación que lles axuden a identificar oportunidades de emprendimiento que melloren o seu futuro profesional e acompañalos no camiño para poder emprender os seus propios proxectos e facelos sustentables.
O período de residencia ocorrerá entre maio e setembro de 2021.
Ata o 15/03/2021
Por quinto ano consecutivo ábrese unha nova convocatoria anual de Residencias Paraíso, o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións co-produtoras do programa, Concello de Santiago, Concello da Coruña, Concello de Lugo, Concello de Ferrol, Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Ata o 09/03/2021
A Fundación SEPI convoca estas bolsas co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas (universitarias ou de grao superior de formación profesional) sen experiencia profesional.
As solicitudes deberán presentarse antes do venres 12 de marzo ás 22.00h
Coa intención de impulsar ao sector da tradución e contribuír á proxección exterior da literatura galega, a Xunta de Galicia vén de lanzar en colaboración coa Residencia Literaria 1863 a primeira edición de Residencia Xacobeo. Trátase dunha iniciativa coa que se apoia aos tradutores literarios que traduzan unha obra orixinalmente escrita en galego a calquera lingua do mundo facilitándolles os medios para facelo desde Galicia.
Prazo aberto ata esgotar material
A UDC, dentro do Programa Supera Covid 2020-21, abre o prazo da 3ª Convocatoria para o préstamo de material informático coa finalidade de garantir que o alumnado que careza dos medios precisos para o seguimento da docencia virtual, poda acceder a esta e á correspondente avaliación.
Para estudantes residentes en España prazo ata o 15 de xuño de 2021.Para estudantes residentes fose de España: prazo ata o 31 de maio de 2021.
A Universidade de Alcalá de Henares (Madrid) a través dos Vicerreitorados de Estudos de Posgrao e de Relacións Internacionais, convoca 150 Bolsas de Residencia "Miguel de Cervantes" para estudos de Máster na Universidade de Alcalá para o curso 2021/2022.
Os cursos formativos deberán desenvolverse entre o 15 de febreiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021.
Ata o 30/09/2021
23.59 h
Co fin de mellorar a empregabilidade e oportunidades de emprego da mocidade con discapacidade, a Fundación ONCE desenvolve un programa de axudas consistente en impulsar a formación en competencias lingüísticas a través de programas intensivos no estranxeiro. O programa está dirixido ás mozas e mozos con discapacidade inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Dende o 13/02/2021 ata o 12/03/2021
A universidade de Vigo convoca bolsas de estudo para facilitar a aprendizaxe de linguas estranxeiras ao alumnado de titulacións oficiais da Universidade de Vigo, financiando o custo de matrícula nos cursos do Centro de Linguas da Universidade.
Ata o 10/03/2021
O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación convoca 44 bolsas para formar especialistas nas distintas áreas do Instituto Cervantes, relacionadas coa promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior; a adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural, incluídas as de carácter administrativo e de asesoramento xurídico.
resultados 43
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible